Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 1, I: Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos tutelados –Presentación do traballo de síntese de tres artigos de xornal nos que se trata en profundidade un tema de actualidade e en relación coa civilización francófona.

–Ficha de lectura sobre o libro de lectura
20 C10
C12
C18
C24
C32
D2
D15
D17
D22
Prácticas de laboratorio Exercicios de práctica da lingua francesa, de reformulación ou de comprensión e tamén de corrección fonética. 10 C1
C18
C30
D2
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Probas de comprensión ou ditados 5 C4
D2
D15
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas de coñecemento e práctica da lingua francesa 5 C4
C30
D15
D22
Outras Exame final sobre os coñecementos adquiridos durante o curso, tanto na práctica coma na teoría. Este exame farase na data establecida no calendario oficial da FFT. 60 C1
C4
C30
D15
D22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
A avaliación é contínua. Para ser avaliado será necesario ter entregado os traballos na data requirida. As probas non entregadas contarán coma un cero. Os alumnos terán que aprobar tódalas destrezas. En caso de plaxio, a nota é de suspenso.

Primeira edición das actas: Nesta primeira edición das actas haberá unha avaliación única para o alumno que ó comezo do curso xustifique debidamente, en tempo e forma (nas dúas primeiras semanas do inicio do curso), que non pode realizar a avaliación contínua. Nese caso fará unha proba única teórico-práctica, esa nota contabilizará 50% para a parte práctica e 50% para a parte teórica. Cada parte terá que acadar unha nota mínima de 5. Estes exames, o da evaluación contínua e o da evaluación final, terán lugar na data establecida no calendario de exames aprobado en xunta da FFT.

Segunda edición das actas: Os alumnos de evaluación contínua e de evaluación final que non superen a materia na primeira edición das actas, farán en xullo unha proba final que contará coma un 100% da nota, esa nota contabilizará 50% para a parte teórica e 50% para a parte práctica. Para aprobar a materia cada parte deberá acadar unha nota mínima de 5. A data do exame de xullo será a indicada no calendario oficial de exames da FFT.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000