Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 1, I: Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Exercicios de práctica da lingua francesa, de reformulación ou de comprensión e tamén de corrección fonética. 10
Traballos tutelados Presentación do traballo de síntese de tres artigos de xornal nos que se trata en profundidade un tema de actualidade e en relación coa civilización francófona.

Ficha de lectura sobre os libros de lectura
20
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Probas de comprensión ou ditados 5
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas de coñecemento e práctica da lingua francesa 5
Outras Exame final sobre os coñecementos adquiridos durante o curso, tanto na práctica coma na teoría. Este exame farase o 19 de decembro de 2014 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Primeira edición das actas : A avaliación é continua. Para ser avaliado será necesario ter asistido ó 80% das clases e ter entregado os traballos na data requirida. As probas non entregadas contarán coma un cero. Os alumnos terán que aprobar tódalas destrezas. En caso de plaxio, a nota é de suspenso.


Nesta primeira edición das actas haberá unha avaliación única para o alumno que ó comezo do curso xustifique debidamente, en tempo e forma (nas dúas primeiras semanas do inicio do curso), que non pode realizar a avaliación continua. Nese caso fará unha proba única teórico-práctica, esa nota contabilizará 50% para parte práctica e 50% para a parte teórica. Cada parte terá que acadar unha nota mínima de 5. Este exame terá lugar o 12 de decembro de 2014.


 


- Segunda edición das actas: Os alumnos que non superen a materia na primeira edición das actas, farán en xullo unha proba final que contará coma un 100% da nota, esa nota contabilizará 50% para a parte teórica e 50% para a parte práctica. Cada parte deberá acadar unha nota mínima de 5.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000