Educational guide 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 1, I: Francés
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONALES PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada polo COVID-19, a Universidade de Vigo establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou parcialmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten,no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun modo máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
Mantéñense a metodoloxía, os contidos e as titorías grazas ás ferramentas proporcionadas pola Universidade de Vigo (Moovi, correo electrónico ou aulas virtuais).

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Avaliación continua
*Probas que se manteñen
- Exercicio de comprensión oral (20 %).
- Proba de comprensión escrita (20 %).
- Exercicio de produción escrita (20 %).
- Traballo colaborativo por medio das TIC (20 %).

*Probas que se modifican
Presentacións orais na aula (20 %). = > Proba de expresión oral a través das ferramentas proporcionadas pola Universidade de Vigo (20 %).

Avaliación única
Mantense a proba de avaliación única, que se realizará a través das ferramentas proporcionadas pola Universidade de Vigo.

Plan de continxencia sobre a modalidade mixta, na que unha parte do estudantado asistirá ás aulas de forma presencial e outra parte seguirá as clases dun modo síncrono (preferentemente) ou asíncrono: o profesorado manterá as metodoloxías, a atención personalizada e os sistemas de avaliación como se indica para a modalidade presencial, adaptando os grupos de estudantes e as quendas para cumprir coa normativa sanitaria que se estableza no seu momento.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000