Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 1, I: Inglés
   Recomendacións

Materias que continúan o temario
Idioma moderno: Idioma 1, II: Inglés/V01G230V01203


 
Outros comentarios
Recoméndase unha aplicación constante e seria no estudo da materia. O alumnado que non posúa o nivel de partida B2 terá que procurar formación en inglés pola súa conta (EOI, Centro de Linguas, materiais bibliográficos, etc.). O alumnado deberá consultar a plataforma de axuda á docencia (www.faitic.uvigo.es) con asiduidade e, en calquera caso, sempre antes das sesións presenciais, xa que moitos dos materiais utilizados nas clases serán colgados nesa plataforma con antelación. Durante as clases, o alumnado non poderá utilizar dispositivos móbiles (iPhone, Blackberry, tableta, PDA ou similares) nin computadores, a non ser que a(s)/o(s) docente(s) permitan ou requiran a utilización destes dispositivos con algunha finalidade pedagóxica. Cómpre lembrar ao alumnado que debe respectar os dereitos de copyright, tanto dos libros utilizados como apoio á docencia coma dos materiais orixinais elaborados e facilitados polas docentes na aula ou a través da plataforma de apoio á docencia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000