Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 1, I: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentacións/exposicións En sesións prácticas do curso previamente anunciadas pola/s docente/s, o alumnado fará presentacións orais na aula que serán avaliadas con respecto á destreza de "Speaking".
Se as docentes o considerasen necesario por cuestións de tempo e/ou organización da docencia, as presentacións orais substituiranse por gravacións de vídeo/audio que o alumnado entregará nas datas sinaladas.
40 A2
A3
A4
A5
C1
C2
C4
C10
C11
C18
C24
C27
D9
D12
D15
D17
D23
Probas de resposta curta Nas sesión prácticas das semanas 6 e 12, o alumnado será avaliado da destreza de "Listening" por medio de exercicios de resposta curta. 20 A2
A3
A4
A5
C1
C2
C4
C18
C24
D15
D17
D23
Resolución de problemas e/ou exercicios Nas sesións teóricas das semanas 6 e 12, o alumnado será avaliado dos contidos teóricos da materia. 40 A2
A3
A4
A5
C1
C2
C4
C18
C24
D15
D17
D23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

a) Primeira edición de actas:



a.1) Avaliación continua:

O dominio das competencias lingüísticas e comunicativas a nivel C1 será
avaliado por medio de dúas probas parciais para cada unha das destrezas
especificadas no programa.

As probas orais, en forma de presentacións, terán lugar ao longo do cuadrimestre, en datas anunciadas polas docentes con suficiente antelación -- as docentes resérvanse o dereito de substituíren
as probas orais de aula por probas orais gravadas polo alumnado e entregadas
nas datas que se indiquen. As probas de contido teórico terán lugar durante as
sesións teóricas das semanas 6 e 12 (as datas correspóndense coas datas das
clases nesas semanas). As probas de escoita terán lugar durante as sesións
prácticas das semanas 6 e 12. Se alguén realiza só unha proba parcial, a súa
nota corresponderase coa nota ponderada obtida nesa proba.

En ningún caso se realizarán probas parciais en datas diferentes ás anunciadas polas docentes.

Para aprobar a materia, o alumnado deberá aprobar cada unha das destrezas
que se avalían, isto é, destrezas de audición e produción oral, así coma
contidos teóricos. O suspenso nunha destas partes implica un suspenso na
materia.

De suspender algunha(s) das catro partes de que consta a materia -- isto é, Pronunciation, Vocabulary, Listening ou Speaking -- , o alumnado examinarase no mes de xullo
da(s) parte(s) suspensa(s) (para máis detalles, véxase apdo. b). De non
aprobar en xullo, o alumnado deberá examinarse de todas as destrezas no
seguinte curso académico (non se gardarán notas parciais das distintas
destrezas dun curso para outro).

A realización dunha ou varias das probas parciais ou notas obtidas pola
participación activa do alumnado nas sesións docentes
 implica a
aceptación do sistema de avaliación continua por parte do alumnado. O alumnado
avaliado mediante o sistema de avaliación continua non poderá presentarse ao
exame final e a súa nota da primeira edición de actas corresponderá ao cómputo
das notas obtidas na(s) proba(s) realizada(s) durante o curso.

a.2) Avaliación única:

O alumnado que non realice ningún exame parcial poderá presentarse a un
exame único (100% da cualificación final), que terá lugar na data oficial
establecida no calendario de exames da Facultade de Filoloxía e Tradución. Ese
exame terá asignadas as porcentaxes que seguen: escoita (20%); produción oral
(40%); contidos teóricos (40%), divididos entre vocabulario (20%) e
fonética-fonoloxía (20%).

Para aprobar a materia, o alumnado que se presente ao exame único deberá
aprobar cada unha das destrezas que se avalían, isto é, destrezas de audición e
produción oral, así coma contidos teóricos. O suspenso nunha destas partes
implica un suspenso na materia.

De suspender algunha(s) das partes das que consta o exame único, o alumnado
examinarase no mes de xullo da(s) parte(s) suspensa(s) (para máis detalles,
véxase apdo. b). De non aprobar en xullo, o alumnado deberá examinarse de
todas as destrezas no seguinte curso académico (non se gardarán notas parciais
das distintas destrezas dun curso para outro).

Como se indicou anteriormente, o alumnado que teña obtido algunha nota polo
sistema de avaliación continua non poderá realizar o exame único.

b) Segunda edición de actas (xullo):

O alumnado que suspenda a avaliación continua ou, de ser o caso, o exame
final, será avaliado mediante o exame único que o centro fixe oficialmente para
o mes de xullo. Este exame computará coma o 100% da nota e constará de diversas
partes correspondentes a escoita (20%); produción oral (40%); contidos teóricos
(40%), divididos entre vocabulario (20%) e fonética-fonoloxía (20%).

Tal e como se explicou no apdo. a), a este exame poderá presentarse o alumnado
que teña suspensa algunha das partes da materia. O alumnado deberá examinarse
só da(s) parte(s) que ten suspensa(s) e gardaránselle as notas parciais das
outras partes obtidas ben ao longo do curso, ben no exame único (ditas notas só
se gardarán ata a convocatoria de xullo, en ningún caso durante máis tempo).

c) Observacións finais:

Durante a realización dos exames non se permitirá a utilización de
dicionarios, ordenador, teléfono móbil, nin a conexión a Internet.

A reproducción total ou parcial de contidos cuxa autoría non sexa do alumnado sen que este cite as fontes dos devanditos contidos constitutirá plaxio; o plaxio considérase falta moi grave, e conducirá ao suspenso na parte ou partes en que se teña incorrido nesta falta.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000