Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 1, I: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentacións/exposicións Durante as sesión prácticas das semanas 6-7 e as semanas 12-13, o alumnado fará presentacións orais na aula que serán avaliadas con respecto á destreza de "Speaking".
Se as/os docentes o considerasen necesario por cuestións de tempo e/ou organización da docencia, as presentacións orais substituiranse por gravacións de vídeo/audio que o alumnado entregará nas datas sinaladas.
40 A2
A3
A4
A5
C1
C2
C4
C10
C11
C18
C24
C27
D9
D12
D15
D17
D23
Probas de resposta curta Nas sesión prácticas das semanas 7 e 13, o alumnado será avaliado da destreza de "Listening" por medio de exercicios de resposta curta. 20 A2
A3
A4
A5
C1
C2
C4
C18
C24
D15
D17
D23
Resolución de problemas e/ou exercicios Nas sesións teóricas das semanas 7 e 13, o alumnado será avaliado dos contidos teóricos da materia. 40 A2
A3
A4
A5
C1
C2
C4
C18
C24
D15
D17
D23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
a) Primeira edición de actas:


a.1) Avaliación continua:

O dominio das competencias lingüísticas e comunicativas a nivel C1 será avaliado por medio de dúas probas parciais
para cada unha das destrezas especificadas no programa.
As probas orais, en forma de presentacións, terán lugar
durante as sesións prácticas das semanas 6-7 e 12-13 (as datas correspóndense coas datas de clases para os diferentes
grupos) -- as/os docentes resérvanse o dereito de substituíren as probas orais de aula por probas orais gravadas polo
alumnado e entregadas nas datas que se indican. As probas de contido teórico terán lugar durante as sesións teóricas das
semanas 7 e 13 (as datas correspóndense coas datas das clases nesas semanas). As probas de escoita terán lugar
durante as sesión prácticas das semanas 7 e 13.

En ningún caso se realizarán probas parciais en datas diferentes ás especificadas nesta guía docente.
Se alguén realiza só
unha proba parcial, a súa nota corresponderase coa nota ponderada obtida nesa proba.

O alumnado deberá aprobar cada unha das destrezas que se avalían, isto é, destrezas de audición e produción oral, así
coma contidos teóricos. O suspenso nunha destas partes implica un suspenso na materia. De suspender algunha(s) das
partes, o alumnado examinarase no mes de xullo (para máis detalles, véxase apdo. b). De non aprobar en xullo, o
alumnado deberá examinarse de todas as destrezas no seguinte curso académico 2016-2017 (non se gardarán notas parciais das distintas destrezas).


A realización dunha ou varias das probas parcias ou notas obtidas pola participación activa do alumnado nas sesions docentes implica a aceptación do sistema de avaliación continua por parte do
alumnado. O alumnado avaliado mediante o sistema de avaliación continua non poderá presentarse ao exame final de decembro
e a súa nota da primeira edición de actas corresponderá ao cómputo das notas obtidas na(s) proba(s) realizada(s) durante o
curso.

a.2) Avaliación única:

O alumnado que non realice ningún exame parcial poderá presentarse a un exame único (100% da cualificación
final), que terá lugar na semana 14 do curso (decembro). Ese exame terá asignadas as pocentaxes que seguen: escoita (20%),
produción oral (40%), contidos teóricos (40%).

Como se indicou anteriormente, o alumnado que teña obtido algunha nota polo sistema de avaliación continua non poderá
realizar o exame único.

b) Segunda edición de actas (xullo):

O alumnado que suspenda a avaliación continua ou, de ser o caso, o exame ao final da semana 14, será avaliado mediante
o exame único que o centro fixe oficialmente para o mes de xullo.
Este exame computará coma o 100% da nota e constará de diversas partes correspondentes a escoita (20%), producción oral (40%), contidos teóricos (40%).

Tal e como se explicou no apdo. a.1), a este exame poderá presentarse o alumnado que teña suspensa algunha das partes
da materia. De ter suspensa únicamente unha parte, o alumnado deberá examinarse só desa parte e gardaránselle as notas
parciais das outras partes obtidas ben ao longo do curso, ben en decembro (ditas notas só se gardarán ata a convocatoria de
xullo, en ningún caso durante máis tempo). De ter dúas ou máis partes suspensas, o alumnado terá que examinarse de toda
a materia e non se lle gardará ningunha nota obtida durante o curso.

Durante a realización dos exames non se permite a utilización de dicionarios, ordenador, teléfono móbil, nin a conexión a Internet.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000