Guia docente 2013_14
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 1, I: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Durante as sesión prácticas das semanas 4-5 e as semanas 10-11, o alumnado fará presentacións orais na aula que serán avaliadas con respecto á destreza de "Speaking".
Se a(s) profesora(s) o considerase necesario por cuestións de tempo e/ou organización da docencia, as presentacións orais substituiranse por gravacións de vídeo/audio que o alumnado entregará nas datas sinaladas pola(s) docente(s).
20
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Nas sesións prácticas das semanas 6 e 12, o alumnado será avaliado da destreza de "Writing" por medio de probas de desenvolvemento. 20
Probas de resposta curta Nas sesión prácticas das semanas 6 e 12, o alumnado será avaliado da destreza de "Listening" por medio de exercicios de resposta curta. 20
Resolución de problemas e/ou exercicios Nas sesión teóricas das semanas 6 e 12, o alumnado será avaliado dos seus coñecementos da gramática (10%) e do vocabulario (15%) especificados no programa da materia e tamén da destreza de "Reading" (15%). 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

a)
Primeira edición de actas:

a.1)
Avaliación continua:

Para
aterse ao sistema de avaliación continua, o estudantado debe asistir con
regularidade
ás sesións presenciais, tanto teóricas como prácticas, así
como realizar as tarefas que se lle asignen.

O
dominio das competencias lingüísticas e comunicativas a nivel C1 será
avaliado por medio de dúas probas parciais para cada unha das destrezas. As
probas orais, en forma de presentación, terán lugar durante as sesións prácticas das semanas 4-5 e 10-11 (as datas correspóndense coas datas de clases para os diferentes grupos) -- as docentes resérvanse o dereito de substituíren as probas orais de aula por probas orais gravadas polo alumnado e entregadas nas datas que se indican. As probas de gramática, vocabulario e
lectura terán lugar durante as sesións teóricas das semanas 6 e 12  (as datas correspóndense coas datas das clases nesas semanas). As probas
de escoita e escrita terán lugar durante as sesión prácticas das semanas 6 e
12.

En ningún caso se realizarán probas parciais en datas diferentes ás especificadas nesta guía docente. Se alguén realiza só unha proba parcial, a súa nota corresponderase coa nota obtida nesa proba.

O
alumnado deberá aprobar cada unha das destrezas que se avalían. O suspenso nunha
destas destrezas implica un suspenso na materia. De suspender algunha(s) das
partes, o alumnado examinarase no mes de xullo (para máis detalles, véxase apdo. b)). De non
aprobar en xullo, o alumnado deberá examinarse no seguinte
curso académico.

A
entrega de tarefas, así como a realización dunha ou varias das probas parcias,
implican a aceptación do sistema de avaliación continua por parte do alumnado.
O alumnado avaliado mediante o sistema de avaliación continua non poderá presentarse ao exame final
de maio, e a súa nota da primeira edición de actas corresponderá ao cómputo das
notas obtidas na(s) proba(s) realizada(s) durante o curso.

a.2)
Avaliación única:

O
alumnado que non asista ás clases con regularidade e/ou non entregue tarefas
nin realice ningún exame parcial, poderá presentarse a un exame único
(100% da cualificación final), que terá lugar na semana 13 do curso (é dicir, o día 16 de decembro de 2013). Ese
exame terá asignadas as pocentaxes que seguen: gramática (10%), vocabulario
(15%), lectura (15%), escrita (20%), escoita (20%) e produción oral (20%).

Como se indicou anteriormente, o alumnado que teña obtido algunha nota polo sistema de avaliación continua non poderá realizar o exame único.

b)
Segunda edición de actas (xullo):

O
alumnado que suspenda a avaliación continua ou, de ser o caso, o exame ao final da semana 13, será avaliado mediante o exame único que o centro fixe
oficialmente para o mes de xullo.

Este
exame computará coma o 100% da nota e constará de diversas partes
correspondentes a gramática (10%), vocabulario (15%), lectura (15%), escrita
(20%), escoita (20%) e produción oral (20%).

Tal
e como se explicou no apdo. a.1), a este exame poderá presentarse o alumnado
que teña suspensa algunha das partes da materia. De ter suspensa únicamente
unha parte, o alumnado deberá examinarse só desa parte e gardaránselle as notas parciais das outras partes obtidas ben ao longo do curso, ben en maio (ditas notas só se gardarán ata a convocatoria de xullo, en ningún caso durante máis tempo). De ter dúas ou máis partes
suspensas, o alumnado terá que examinarse de toda a materia e non se lle gardará ningunha nota obtida durante o curso.

Durante a realización dos exames
non se permite a utilización de dicionarios, ordenador, conexión a Internet ou
calquera outro medio electrónico.


O plaxio total ou parcial en
calquera tipo de traballo ou actividade suporá un suspenso automático na
materia. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado
da súa responsabilidade neste aspecto.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000