Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Lingua: Lingua A1, I: Expresión escrita e oral: Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Exposicion por parte das profesoras e o alumnado dos traballos individuais. 30 A2
A3
A4
Cartafol/dossier a) biografía académica,
b) selección de tres probas de entre os debates, exercicios e resolucion de problemas
c) autoevaluación da aprendizaxe
30 A1
A2
A3
A4
Traballos de aula Actividade na que se formulan problemas e exercicios relacionados coa materia. O alumnado debe desenvolver as solucións apropiadas ou correctas mediante a aplicación de diferentes rutinas ou procedementos. 30 A2
Cartafol/dossier Documento elaborado polo estudante que recompila a informacion sobre as experiencias, proxectos, tarefas e traballos realizados durante o proceso de formación. 10 A1
A5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

A avaliación será continua. Non se poderá obter a cualificación de aprobado se alén de ter feito a
presentación oral na aula e ter entregado na data o traballo tutelado escrito, non
se apresenta un portafolio final docente 
que conteña:

a) biografía académica,

b) selección de tres
probas de entre os debates, exercicios e resolucion de problemas e

c) autoevaluación da
aprendizaxe.

As presentacións orais terán lugar na última semana de outubro e primeiras de novembro.

A entrega do cartafol dossier programarase para a primeira semana de decembro.

As partes da avaliación definidas como
"participación en debates", "exercicios, actividades e
problemas" deberán entregarse na semana seguinte á que sexan plantexadas na aula.

As alumnas e alumnos que non alcancen o aprobado co sistema arriba exposto durante o periodo lectivo poderán presentarse ao exame de avaliación única no periodo de exames na data establecida no calendario aprobado pola Xunta de FFT. O día do exame deberán facer entrega do portafolio, do traballo tutelado e realizar unha presentación oral.

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO)

O alumnado que non alcance o aprobado neste sistema de avaliación única poderá presentarse a exame na segunda edición de actas en xullo, na data oficial correspondente aprobada pola Xunta de FFT, nas mesmas condicións que rexen para o exame de sistema de avaliación única na primeira edición de actas.

NOTA: O alumnado erasmus interesado en cursar a materia deberá ter presente que
resulta altamente recomendable ter un nivel de lingua española igual ou
superior a C1.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000