Educational guide 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Lingua: Lingua A1, I: Expresión escrita e oral: Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de tipo test Consistirá nun exame tipo test que abordará os contidos do curso. Realizarase na última sesión teórica do cuadrimestre. 25 A1
C4
D1
D23
Traballos e proxectos Consistirá na elaboración de tres traballos propostos na clase e a través de faitic nos que se avaliará a competencia do alumnado no relativo ao dominio das técnicas e mecanismos de corrección, síntese e redacción dun texto. Os traballos deben subirse a faitic (apartado de exercicios) e a data límite de entrega fixarase nesta plataforma. O último dos traballos será exposto oralmente nas clases prácticas do mes de novembro de 2015. 75 A2
A3
A4
A5
C3
C10
C18
C27
D12
D15
D18
D22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Ao inicio do curso, o alumnado deberá decidir a forma de avaliación pola que opta, é dicir, avaliación continua (asistencia regular, traballos de aula, presentacións, proxectos, probas, etc.) ou avaliación única. Os discentes que se acollan ao sistema de avaliación única realizarán un exame no que terán cabida cuestións teóricas e prácticas e que terá lugar o meso día que para o alumnado de aviación continua, na última sesión teórica do cuadrimestre.  O alumnado que opte pola avaliación continua e que non supere a materia ao final do cuadrimestre poderá presentarse á convocatoria oficial de xullo e ás sucesivas convocatorias, nas que non se gardarán as cualificacións obtidas nos distintos traballos e probas. A avaliación en xullo consistirá nun exame que terá lugar na data oficial marcada pola FFT. 

O estudantado Erasmus poderá realizar as probas coa axuda dun dicionario.

En todos os trabalhos e proxectos propostos ao longo do curso penalizaranse os erros ortográficos, os erros na expresión, as incoherencias sintácticas, etc. Se durante a corrección de actividades e traballos detéctase copia ou plaxio, os referidos traballos non se valorarán.

A entrega de exercicios e traballos farase a través de Faitic. Dos tres traballos avaliados, o último terá que exporse oralmente nas clases de prácticas do mes de novembro.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000