Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Lingua: Lingua A1, I: Expresión escrita e oral: Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Consistirá na exposición oral por parte do alumnado dun traballo sobre algunha cuestión específica do programa do curso. 25
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Consistirá nun exame que abordará os temas estudiados durante o curso. Nesta proba terán cabida preguntas de carácter teórico e outras de carácter práctico. Realizarase nas últimas sesións do cuatrimestre. 50
Traballos e proxectos Consistirá na elaboración dun traballo proposto en clase sobre algunha cuestión do temario no que se avaliará a competencia do alumnado no relativo ao dominio das técnicas e mecanismos de síntese e redacción dun texto. 25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Ao inicio do curso, os alumnos deberán indicarlle ao docente a forma de avaliación pola que optan, é dicir, avaliación continua (asistencia regular, traballos de aula, presentacións, proxectos, probas, etc.) ou avaliación única (exame oficial da materia fixado pola Facultade). Os discentes que se acollan ao sistema de avaliación única realizarán un exame no que terán cabida cuestións teóricas e prácticas. Os alumnos que opten pola avaliación continua e que non superen a materia ao final do cuadrimestre poderán presentarse á convocatoria oficial de xullo e ás sucesivas convocatorias.

Os estudiantes Erasmus poderán realizar as probas coa axuda dun dicionario.

Tanto nas probas coma no resto dos exercicios propostos ao longo do curso penalizaranse os erros ortográficos, os erros na expresión, as incoherencias sintácticas, etc. Se durante a corrección de actividades e traballos detéctase copia ou plaxio, os referidos traballos non se valorarán.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000