Educational guide 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Lingua: Lingua A1, I: Expresión escrita e oral: Español
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividade introdutoria. Durante a primeira sesión buscarase recoller información sobre os coñecementos de partida, os intereses e as motivacións dos discentes. Ademais da presentación da materia, farase unha pequena proba inicial (non puntuable na avaliación final) que servirá como valoración de nivel.
Sesión maxistral Actividade teórica. Consiste na exposición dos contidos xerais da materia co obxectivo de comunicar coñecementos e metodoloxías de análise. As explicacións estarán ordenadas e ben estruturadas e contarán con exemplos claros que aseguren a comprensión dos contidos. Ocasionalmente poderán estar apoiadas por presentacións.
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Formularanse na aula ou a través da plataforma TEMA unha serie de problemas e exercicios relacionados coa materia traballada nas clases. O obxectivo é reflexionar e relacionar teoría e práctica. Tamén constitúe unha actividade básica para reforzar os coñecementos que se van adquirindo.
Resolución de problemas e/ou exercicios Formularanse na aula unha serie de problemas e exercicios relacionados coa materia traballada nas clases. O obxectivo é reflexionar e relacionar teoría e práctica. Tamén constitúe unha actividade básica para reforzar os coñecementos que se van adquirindo. Neste caso, non se realizarán de forma autónoma, senón coa colaboración de todo o alumnado na liña dos debates, discusións e posta en común de información.
Traballos de aula Actividade práctica orientada na aula polo docente. Aínda que o alumnado poderá traballar de forma autónoma na materia, estes traballos de aula terán como obxectivo a proposta de certas actividades que se desenvolverán coa colaboración de alumnos e docente durante catro sesións presenciais dunha hora cada unha.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000