Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Lingua: Lingua A1, I: Expresión escrita e oral: Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma Cada estudante deberá facer un ou dous exercicios prácticos que serán corrixidos e entregados. 15 C3
C4
C18
C24
Traballo tutelado Consistirá nun traballo escrito individual ou en grupo sobre un tema proposto o primeiro día de clase (2.5 puntos). A presentación farase nun vídeo (1.5 puntos). 40 C3
C24
C27
Exame de preguntas obxectivas Haberá dúas probas escritas referidas ó temario visto na clase. 40 C3
C4
C18
C24
Observación sistemática Consistirá na comprobación da asistencia e participación activa do alumnado. 5 C4
C27
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Se se considerar preciso, haberá unha proba diagnóstica ó principio do curso que non contará na avaliación. 

-Avaliación continua

As porcentaxes indicadas soamente se aplicarán nos casos en que o alumnado realice as dúas probas previstas, entregue os exercicios prácticos e mailo traballo tutelado, é dicir, que opte pola avaliación continua. Se non se entregaren as probas, enténdese que se renuncia á avaliación continua. Importante: é condición para aprobar a materia a entrega dos exercicios, o traballo e a presentación ó exame. 

As dúas partes do exame farán media entre si a partir dun 5. Para aprobar o traballo tutelado precísase un 5. 

O traballo tutelado poderá consistir na lectura dun libro. 

-Avaliación global

O alumnado que  se acolla ó sistema de avaliación global debe presentarse a un exame (100% da nota) sobre os 4 temas do temario na data oficial fixada pola Facultade.

Enténdese que o tema 1 é de repaso dos coñecementos adquiridos no Ensino Medio. Dedicaráselle un número reducido de horas. 

As prácticas deben ser entregadas todas para manter a avaliación continua pero non é necesario obter unha determinada nota en cada unha delas e no seu conxunto.

Enténdese que para aprobar a materia hai que obter un 5 na suma de todas as probas. 

2ª Edición das actas

O alumnado que se acolla ó sistema de avaliación global debe presentarse a un exame (100% da nota) sobre os 4 temas do temario na data oficial fixada pola Facultade.

O alumnado de avaliación continua que teña que se presentar a esta segunda edición das actas pode manter as notas obtidas na primeira edición. 

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un 0 nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o estudantado da súa responsabilidade neste aspecto.

É responsabilidade do estudantado consultar os materiais dispoñibles na plataforma MOOVI (novidades, documentos, cualificacións) e estar ao tanto dos avisos e das datas de realización das diferentes probas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000