Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Lingua: Lingua A1, I: Expresión escrita e oral: Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e /ou exercicios de forma autónoma Realización correcta dos 12 comentarios dirixidos. Son textos con cuestións que o alumno deberá responder coa axuda das fontes que precise. O profesor corrixirá as respostas e o alumno deberá facer de cada texto unha 2ª versión definitiva. Ó final de curso, o alumno entregará os 24 textos nunha única carpeta. 20 C18
C25
C33
D1
D14
D15
Traballo tutelado
Un traballo individual de aproximadamente 5 folios sobre unha das obras de lectura obrigatoria. Máis có contido, é indispensable a corrección lingüística e formal do texto: redacción, puntuación, ortografía, léxico, tipografía. O traballo entregarase antes do 10 de decembro de 2017.
10 C4
C25
C33
D9
D14
D23
Resolución de problemas e/ou exercicios Haberá dúas probas. 1ª: día 15 de novembro; control de dominio total das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. Esta parte deberán repetila ó final do cuadrimestre tódolos alumnos que non consigan unha puntuación de 60 puntos (de 100). 2ª proba: na data indicada no calendario de exames da FFT; resolución de exercicios de uso de pronomes, perífrases, infinitivos conxugados e calquera aspecto referido ós contidos que figuran no programa. Corrección, para que quede nun galego correcto, dun texto deturpado. Ademais, comprobación da lectura das dúas obras indicadas,
A avaliación terá en conta o contido das respostas e tamén a súa corrección lingüística.
70 C3
C4
C18
C33
D1
D22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As porcentaxes indicadas soamente se aplicarán nos casos en que o alumno realice as dúas probas previstas e entregue os 12 comentarios dos textos e mailo traballo sobre a obra de lectura. Os alumnos que  se acollan ó sistema de avaliación única, deben presentarse a un exame que se celebrará na data indicada no calendario de exames da FFT. Este exame será similar ó que se propoñerá para a segunda edición das actas (xullo) e constará de dúas partes: Na 1ª, os alumnos deberán demostra-lo dominio das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (acentuación, uso do guión, grupos consonánticos, contraccións, formación do plural, formación do feminino, paradigmas verbais, adverbios e locucións adverbiais, etc.); se nesta parte o alumno obtivese menos de 40 puntos (de 100), non se corrixirá a 2ª parte. Na 2ª parte (Morfosintaxe), o alumno deberá facer correctamente exercicios de uso de pronomes, perífrases, infinitivos conxugados e calquera aspecto referido ós contidos que figuran no programa. Así mesmo, deberá corrixir, de modo que quede nun galego correcto, un texto que se lle entregará deturpado. Farase media entre as dúas partes. Non se liberará ningunha parte para a convocatoria de xullo. A adquisición do galego oral comprobarase nas clases prácticas. Con todo, para verifica-lo dominio da lingua falada, o profesor convocará a unha entrevista ós alumnos que non o teñan ó comezo do curso. Os alumnos que escollan o sistema de avaliación única tamén deberán face-las lecturas obrigatorias, sobre as que se lles formularán, oralmente ou por escrito, algunhas cuestións para comprobar que as leron. Seguirase o mesmo sistema cos alumnos que opten pola modalidade non
presencial e con tódolos que concorran a unha 3ª convocatoria ou
posteriores.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000