Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Lingua: Lingua A1, I: Expresión escrita e oral: Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Realización correcta dos 12 comentarios dirixidos. Son textos cunhas cuestións que o alumno deberá responder coa axuda das fontes que precise. O profesor corrixirá as respostas e o alumno deberá facer de cada texto unha 2ª versión definitiva. Ó final de curso, o alumno entregará os 24 textos nunha única carpeta. 15
Traballos tutelados
Un traballo individual de aproximadamente 5 folios sobre unha das obras de lectura obrigatoria. Máis có contido, é indispensable a corrección formal do texto: redacción, puntuación, ortografía, léxico, tipografía. O traballo entregarase antes do 15 de decembro de 2012.
10
Resolución de problemas e/ou exercicios Haberá dúas probas. 1ª: decembro, antes do Nadal; control de dominio das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. Esta parte deberán repetila ó final do semestre tódolos alumnos que non consigan unha puntuación de 60 puntos (de 100). 2ª proba: finais do semestre; resolución de exercicios de uso de pronomes, perífrases, infinitivos conxugados e calquera aspecto referido ós contidos que figuran no programa. Corrección, para que quede nun galego correcto, dun texto deturpado. Ademais, comprobación da lectura das tres obras que o profesor indique. 75
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para acollerse ó sistema de avaliación arriba descrito, o alumnado deberá asistir, polo menos, ó 80% das clases (teóricas e prácticas). Na 2ª convocatoria (xullo), os alumnos serán cualificados mediante un exame que constará de dúas partes: Na 1ª deberá demostra-lo dominio das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (acentuación, uso do guión, grupos consonánticos, contraccións, formación do plural, formación do feminino, paradigmas verbais, adverbios e locucións adverbiais, etc.). Se nesta parte o alumno obtivese menos de 40 puntos (de 100), non se corrixirá a 2ª parte. Nesta, o alumno deberá resolver exercicios de uso de pronomes, perífrases, infinitivos conxugados e calquera aspecto referido ós contidos que figuran no programa. Así mesmo, deberá corrixir, de modo que quede nun galego correcto, un texto que se lle entregará deturpado. Farase media entre as dúas partes. Seguirase o mesmo sistema cos alumnos que opten pola modalidade non presencial e con tódolos que concorran a unha 3ª convocatoria ou posteriores. Este exame realizarase en decembro, o último día de clase. Non se gardará para outro curso ningunha puntuación das obtidas nos exames. A adquisición do galego oral comprobarase nas clases prácticas. Con todo, para verifica-lo dominio da lingua falada, o profesor convocará a unha entrevista ós alumnos que non o teñan ó comezo do curso. Os alumnos que escollan o sistema de avaliación única tamén deberán face-las lecturas obrigatorias, sobre as que se lles formularán, oralmente ou por escrito, algunhas cuestións tendentes a comprobar que as leron.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000