Sesión maxistral |
Impartirase 1 hora e media de teoría tódolos luns. |
Traballos tutelados |
Traballo individual de aproximadamente 5 folios sobre unha das obras de lectura obrigatoria. Máis có contido, é imprescindible a corrección do texto: redacción (puntuación, sintaxe, ortografía), léxico, tipografía... O traballo entregarase antes do 1 de decembro de 2014. A copia ou o plaxio serán motivo para que este traballo non se cualifique. |
Outros |
Lectura de tres obras que o profesor indicará nos primeiros días de clase. Realización dun traballo individual sobre unha delas (Vid. «Traballos tutelados»). No exame final haberá unha pregunta para comprobar que se leron as tres.
|