Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Lingua: Lingua A1, I: Expresión escrita e oral: Galego
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Os alumnos deberán entregar cada semana –aproximadamente– e nas datas fixadas un comentario dirixido dun texto que se lles proporcionará. En conxunto, son doce textos que están á disposición do alumnado no servizo de reprografía da facultade. Os comentarios deben ser persoais, e penalizaranse moito a copia e o plaxio.
Sesión maxistral Impartirase 1 hora e media de teoría tódolos luns.
Traballos tutelados Traballo individual de aproximadamente 5 folios sobre unha das obras de lectura obrigatoria. Máis có contido, é imprescindible a corrección do texto: redacción (puntuación, sintaxe, ortografía), léxico, tipografía... O traballo entregarase antes do 1 de decembro de 2014. A copia ou o plaxio serán motivo para que este traballo non se cualifique.
Outros Lectura de tres obras que o profesor indicará nos primeiros días de clase. Realización dun traballo individual sobre unha delas (Vid. «Traballos tutelados»). No exame final haberá unha pregunta para comprobar que se leron as tres.
Traballos de aula Consistirán na realización de prácticas sobre os aspectos tratados na explicación teórica. Faranse na última media hora dos luns e nas clases dos mércores.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000