Educational guide 2020_21
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Lingua: Lingua A1, I: Expresión escrita e oral: Galego
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense as metodoloxías definidas. A docencia impartirase a través do Campus remoto da Uvigo.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titoríías).
O alumnado deberá solicitar unha titoría que será atendida a través do Campus remoto.

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Eliminaranse os contidos dos apartados 3.4, 3.5 e 3.7.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Mantéñense as tres probas (prácticas, traballo tutelado e exame) pero redúcese o valor do exame ó 30% e sóbese o das prácticas e o do traballo ó 35% cada unha.

«Plan de continxencia sobre a modalidade mixta, na que unha parte do estudantado asistirá ás aulas de forma presencial e outra parte seguirá as clases dun modo síncrono (preferentemente) ou asíncrono: o profesorado manterá as metodoloxías, a atención personalizada e os sistemas de avaliación como se indica para a modalidade presencial, adaptando os grupos de estudantes e as quendas para cumprir coa normativa sanitaria que se estableza no seu momento».
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000