Educational guide 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Terceiro idioma estranxeiro I: Portugués
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Organización e explicación da materia: calendario, exames, exercicios, bibliografía, ferramentas de traballo.
Lección maxistral O profesorado explicará, combinando teoría e práctica, os contidos esenciais de cada un dos temas, aclarando os conceptos-clave da materia e orientando ao alumnado nas lecturas obrigatorias relacionadas con cada tema.
Traballo tutelado Sesións prácticas, exercicios prácticos de produción oral e escrita. Revisión de contidos gramaticais con exercicios realizados dentro da aula.
Resolución de problemas Sesións prácticas: exercicios gramaticais e revisións que requiren unha preparación previa por parte do alumnado. Traballos en grupo e exposicións na aula. O alumnado disporá na plataforma de ensino virtual Moovi das indicacións e dos materiais necesarios para realizar os exercicios correspondentes e para avanzar en cada unidade temática.
Eventos científicos Asistencia a conferencias, seminarios, filmes ou outras actividades relacionadas cos contidos da materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000