Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Lingüística: Lingüística
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Exercicios orais e escritos da primeira parte da materia (temas 1-6) para realizar na clase ou a través da plataforma Moovi. 25 A1
A2
B5
B6
B7
B8
C3
C4
C5
C8
C13
D3
Resolución de problemas e/ou exercicios Exercicios orais e escritos da segunda parte da materia (temas 7-10) para realizar na clase ou a través da plataforma Moovi. 20 A1
A2
B5
B6
B7
B8
C3
C4
C5
C8
C13
D3
Exame de preguntas de desenvolvemento Preguntas para desenvolver por escrito sobre os contidos da primeira parte da materia (temas 1-6) para realizar presencialmente en data previamente fixada. 30 A1
A2
B5
B6
B7
B8
C3
C4
C5
C8
C13
D3
Exame de preguntas de desenvolvemento Preguntas para desenvolver por escrito sobre os contidos da segunda parte da materia (temas 7-10) para realizar presencialmente ao final do curso en data previamente fixada. 25 A1
A2
B5
B6
B7
B8
C3
C4
C5
C8
C13
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

A procedemento ordinario de avaliación é a avaliación continua, a cal presupón a asistencia e participación regular ás clases e a realización das prácticas e exercicios que se propoñan nelas.

Por tanto, aquelas e aqueles estudantes que nalgunhas das dúas partes da materia asistan a menos do 75% das clases ou entreguen (cun nivel aceptable) menos do 75% dos exercicios propostos só poderán ser avaliados polo procedemento de avaliación única (vid. infra). En caso de presentarse a un examen parcial, este non sería avaliado.

Nos exames parciais, a nota mínima para aprobar é un 5. Quen non acade esa puntuación mínima (e cumpra o requisito previo de asistencia e participación regular) poderá examinarse na segunda oportunidade só das partes supensas.

A nota final calcularase a partir das notas
parciais obtidas en cada item de cualificación, aplicando as porcentaxes de
puntuación especificadas no apartado anterior. Para que poida calcularse a media ponderada (e por tanto para poder aprobar polo procedementeo de avaliación continua) é preciso ter aprobado cada ítem de puntuación por separado, isto é, debe cumprirse o mínimo de asistencia e entrega de exercicios e deben estar aprobados os dous exames parciais.

Todas as probas cualificaranse tendo en conta non só a pertinencia e calidade
do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística e o seu rigor académico.

Do alumnado que segue o proceso de avaliación continua espérase que participe de maneira activa no
desenvolvemento do curso. É responsabilidade do alumnado facer un seguimento da
materia nas clases ou a través de MooVi e estar ao tanto das datas de realización e entrega das tarefas e exercicios.

Haberá tamén unha modalidade de avaliación
única
para aquelas/es estudantes que non poidan
facer un seguimento regular da materia. A avaliación constará dun exame único baseado nos
contidos da materia e cuxa nota constituirá o 100% da
cualificación final. Este exame terá lugar despois do período de docencia, na data oficial aprobada pola Xunta de Facultade. A escolla desta opción en ningún caso supón a perda do
dereito a asistir ás aulas sempre que sexa posíbel, o cal se recomenda
encarecidamente. O alumnado que siga esta modalidade de avaliación será
responsábel de manter un contacto continuado coa materia a través das clases e de MooVi.

2. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS

Na segunda edición das actas, aquelas/es estudantes que cumpren as condicións da avaliación continua conservarán a puntuación das prácticas, exercicios e exames aprobados e deberán realizar só o exame ou exames parciais suspensos.

Para os/as restantes estudantes que non superaran a materia na primeira edición, a avaliación levarase a
cabo mediante un exame global de toda a materia, que constituirá o 100% da cualificación.

O exame terá lugar na data
oficial aprobada pola Xunta de Facultade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000