Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Lingüística: Lingüística
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A1 Que o estudantado demostre posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
A2 Que o estudantado saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B5 Capacidade do estudantado para comprender as interrelacións pertinentes entre os diversos ámbitos de estudo que integran o título.
B6 Capacidade de apreciar outras culturas e competencia para sensibilizar á contorna propia na apreciación da diversidade intercultural.
B7 Coñecer os métodos básicos do estudo e análise lingüísticos e literarias.
B8 Capacidade para participar en debates e actividades de grupo e organizalos, desenvolvendo un pensamento autónomo e crítico.
C3 Capacidade de adquirir os fundamentos teóricos e aplicados que ofrece a lingüística nas principais paradigmas do estudo e descrición das linguas, así como de sintetizar, relacionar e describir as literaturas da primeira lingua estranxeira provenientes de distintos ámbitos culturais e sociais, períodos, xéneros e movementos.
C4 Habilidade para adquirir as ferramentas e técnicas metodolóxicas básicas para o estudo e a análise lingüística e literaria.
C5 Capacidade de adquirir os coñecementos necesarios para a comprensión, desenvolvemento, análise, avaliación e aproveitamento para o futuro profesional dos recursos lingüísticos e literarios.
C8 Capacidade de formular razoamentos críticos con respecto aos campos de estudo lingüístico e literario que conduzan á adquisición dun método sólido de análise lingüística e literaria que transcenda a mera aproximación subxectiva e intuitiva ás linguas e textos obxecto de estudo.
C13 Habilidade para ampliar o interese polas linguas, a literatura, a cultura, e pola lingüística teórica e aplicada.
D3 Sustentabilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000