Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Idioma moderno: Segundo idioma estranxeiro I: Alemán
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades organizativas: explicación pormenorizada do programa da materia e do desenvolvemento da mesma dentro e fóra da aula, o que implica a descrición das características do curso, contidos, metodoloxía, formas de avaliar e resolución de dúbidas, así como a presentación das diferentes ferramentas de traballo necesarias para a súa aprendizaxe: manual, dicionarios e outros libros complementarios.
Lección maxistral Exposicións teóricas de temas gramaticais, léxicos e culturais.
Traballo tutelado Práctica de lectura, escritura e tradución, corrección de exercicios, exposicións individuais e resolución das dificultades lingüísticas e culturais.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000