Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Idioma moderno: Primeiro idioma estranxeiro I: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Dúas probas de escoita, con resposta escrita a preguntas sobre un
documento oral que teñen que escoitar, realizadas ao longo do
curso. A primeira a mediados do cuadrimestre e a segunda na
derradeira semana de aulas.
20 A2
B1
B2
B4
C1
C5
Exame de preguntas obxectivas Unha proba escrita de Use of English baseada nos contidos gramaticais e léxicos das 4 primeiras unidades de Grammar e Vocabulary. Esta proba reallizarase na semana 7 u 8 , nunha data que será anunciada na aula. 20 A1
B1
B6
C1
C6
C13
Exame de preguntas obxectivas Unha proba escrita de Use of English baseada na totalidade dos contidos gramaticais e léxicos do curso. Esta proba terá lugar na derradeira semana de aulas.

30 A1
B1
B6
C1
C6
C13
Presentación En sesións prácticas do curso previamente anunciadas pola/s
docente/s, o alumnado fará presentacións orais na aula que serán
avaliadas con respecto á destreza de "Speaking".
30 A2
A4
A5
B2
B4
B6
B9
B10
C1
C6
C7
C11
C13
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A) PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS 

A1) Avaliación continua 

A avaliación da materia será continua por defecto. Unicamente en casos xustificados, o alumnado poderá acollerse á
avaliación única, sempre que llo comunique ao profesorado da materia dentro das dúas primeiras semanas de aulas.

A realización dunha ou varias das probas parciais implica a aceptación do sistema de avaliación continua por parte do
alumnado. O alumnado avaliado mediante o sistema de avaliación continua non poderá presentarse ao exame final e a súa
nota da primeira edición de actas corresponderá ao cómputo das notas obtidas nas probas realizadas durante o curso. 

A asistencia ás clases non é obrigatoria, pero si é obrigatorio realizar todas as probas previstas na avaliación. É
imprescindible que a/o estudante se presente a todas as probas de avaliación para cada unha das partes de que consta a
materia. De non ser así, non se realizará a media aritmética entre as partes, a/o estudante obterá un suspenso e deberá
presentarse novamente a todas as partes da materia na segunda edición de actas. 

A primeira proba escrita terá lugar ao final das catro primeiras unidades de gramática e vocabulario. Nun día cercano
celebrarase a primeira proba de escoita. A segunda proba escrita e a segunda proba de escoita terán lugar na derradeira
semana de aulas. As datas para a presentación obxecto de avaliación de cada estudante determinaranse coa debida
antelación e serán anunciadas na aula.

A2) Avaliación única 

O alumnado que non realice a avaliación continua será avaliado mediante dúas probas obrigatorias que terán lugar ao final
do cuadrimestre. É imprescindible que a/o estudante se presente a todas as probas de avaliación para cada unha das tres
partes de que consta a materia. De non ser así, non se realizará a media aritmética entre as tres partes, a/o estudante
obterá un suspenso e deberá presentarse novamente a todas as partes da materia na segunda edición de actas. 

Probas da avaliación única: 

a) un exame escrito, que suporá o 70% da nota global e constará de exercicios de Use of English (50%) e escoita (20%); 

b) un exame de expresión oral, que contará como o 30% restante. 

Os exames escritos terán lugar nas datas establecidas no calendario de exames aprobado na Xunta de Facultade. Para a
realización da proba de expresión oral, o alumnado deberá poñerse en contacto co profesorado da materia con anterioridade
ao final das clases.

Requisitos para aprobar a materia para todo o alumnado (tanto de avaliación continua coma de avaliación
única): 

Para aprobar a materia é requisito indispensable obter unha cualificación individual de polo menos 5 en cada unha das
partes (Use of English, escoita e expresión oral). De non cumprirse este requisito, aínda que a media aritmética das tres
partes sexa 5 ou superior, a/o alumna/o non superará a materia e deberá presentarse ao exame de recuperación das partes
non superadas. Cando a media das tres partes sexa superior a 5 pero algunha das partes teña unha nota inferior a 5, a
cualificación da acta será de 4 (Suspenso). 

Na segunda edición de actas a/o estudante deberá repetir as probas das partes que non aprobe e poderá conservar as notas
das outras partes. 

B) SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS 

O alumnado que non supere a materia na primeira edición de actas poderase presentar en xuño/xullo para a segunda
edición de actas. 

A avaliación consistirá en dúas probas, das que o alumnado deberá realizar unicamente as partes que non superara na
primeira edición de actas: 

a) un exame escrito, que suporá o 70% da nota global e constará de exercicios de Use of English (50%) e escoita (20%); 

b) un exame de expresión oral, que contará como o 30% restante. 

A data do exame escrito será a data oficial de xuño/xullo aprobada pola Xunta de Facultade. Para a realización da proba de
expresión oral, o alumnado deberá poñerse en contacto co profesorado da materia con antelación. 

Como na primeira edición de actas, para aprobar a materia é requisito indispensable obter unha cualificación individual de
polo menos un 5 en cada unha das tres partes (Use of English, escoita e expresión oral). De non cumprirse este requisito,
aínda que a media aritmética das catro partes sexa 5 ou superior, a/o alumna/o non superará a materia. Cando a media das
tres partes sexa superior a 5 pero algunha das partes teña unha nota inferior a 5, a cualificación da acta será de 4
(Suspenso). 

En calquera das probas, a copia ou plaxio total ou parcial suporá un suspenso directo da materia na súa totalidade. Alegar
descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000