Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado O sistema de avaliación no Grao en Linguas Estranxeiras é Tribunal Unipersoal, composto unicamente pola persoa titora do TFG.

A persoa titora tramitará as actas dos TFG asignados á(s) súa(s) liña(s) de traballo.

A persoa titora deberá entregar o "Informe de Conformidade" mediante a Secretaría Virtual, con data límite a especificada no calendario oficial da FFT. Este informe autoriza a entrega do TFG do seu estudantado, indicando se é Favorable ou Desfavorable.

A persoa titora tamén deberá entregar a acta na Secretaría Virtual e no Negociado de Asuntos Xerais da FFT, así como a acta complementaria coa cualificación e comentarios sobre o traballo segundo o modelo establecido para os TFG da titulación (débese consultar a documentación na plataforma de teledocencia).

O peso da cualificación outorgada pola persoa titora será do 100%, de xeito que a versión escrita do traballo será avaliada por un 80% da nota final, e a defensa oral será avaliada por un 20% da nota final.

Avaliarase o rigor académico do traballo presentado, a súa fundamentación teórica e o seu deseño metodolóxico, así como a capacidade crítica da/do estudante e os resultados obtidos. Igualmente, avaliarase a adecuación da presentación escrita ás normas académicas.
80 A2
A3
A4
Presentación Poderase empregar un pequeno guión ou material de soporte visual (presentación en PowerPoint ou semellante), pero en ningún caso a presentación oral poderá consistir na mera lectura dese material.

Avaliarase o rigor académico da defensa oral no relativo á presentación da mesma e ás respostas da quenda de preguntas por parte do tribunal avaliador.
20 A2
A4
A5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As datas oficiais de entrega do traballo escrito e da defensa oral serán
anunciadas polo Negociado de Asuntos Xerais da FFT e estarán publicadas na páxina web da FFT así como na plataforma de teledocencia. Como en calquera outra materia,
haberá dúas edicións de actas.

A maiores do procedemento indicado no calendario oficial da FFT, é imperativo entregar na plataforma de teledocencia tanto a copia do traballo escrito (en formato PDF) como a copia da presentación oral (PPT ou similar).

Calquera plaxio identificado será motivo de suspenso da materia. Entenderase
por plaxio calquera cita literal (curta ou longa) presentada como propia (i.e.
sen comiñas e sen referencia da autoría) ou calquera apropiación das ideas ou metodoloxía
dun/ha autor/a que non se mencione nas referencias, sexa cal for a súa
procedencia (un traballo individual ou colectivo, unha publicación impresa ou
un documento electrónico ou de uso restrinxido, páxina web, ou traballo que se
está levando a cabo por parte dalgún/a compañeiro/a etc). O TFG entregado nesta
materia en ningún caso pode ser un traballo presentado con anterioridade polo/a estudante
nalgunha materia de calquera titulación nesta ou noutra universidade, aínda que
pode integrar ou desenvolver traballo feitos nas actividades doutras materias
da titulación. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o
alumnado da súa responsabilidade neste aspecto. Os TFG serán revisados polo
software Turnitin co fin de detectar posibles casos de plaxio
.

Recoméndase que o estudantado visite a plataforma de teledocencia con regularidade.
Os avisos e anuncios faranse mediante esta plataforma vía correo electrónico. É
responsabilidade da/do estudante consultar os medios de comunicación
establecidos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000