Guia docente 2017_18
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Avaliarase o rigor académico do estudo presentado, a súa fundamentación teórica e o seu deseño metodolóxico, así como a capacidade crítica da/do estudante e os resultados obtidos. Igualmente, avaliarase a adecuación da presentación escrita ás normas académicas.

A versión escrita do traballo será avaliada por un 80% da nota final. O 50% virá determinado pola decisión do tribunal avaliador. O 30% restante virá determinado pola nota do/a titor/a.

As/Os titoras/es deberán elaborar un informe de conformidade da entrega do TFG no que constará a nota sobre a versión escrita do traballo (30%).
80 A2
A3
A4
B3
B6
B8
B9
Presentacións/exposicións Avaliarase o rigor académico da defensa oral no relativo á presentación da mesma e ás respostas da quenda de preguntas por parte do tribunal. Para a defensa poderase empregar un pequeno guión ou material de soporte visual (presentación en PowerPoint ou similar), pero en ningún caso a presentación oral poderá consistir na mera lectura dese material.

A defensa oral será avaliada por un 20% da nota final. Este será determinado polo tribunal avaliador.
20 A2
A4
A5
B9
B12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación dos traballos
realizarase tendo en conta o grao de consecución das competencias establecidas
para a materia TFG.

O/A coordinador/a da materia aportará instrucións
detalladas sobre o proceso de elaboración e entrega do traballo e sobre as
datas das convocatorias. Toda a información estará dispoñible na plataforma Faitic.

As datas de entrega do traballo
escrito e da defensa oral serán anunciadas polo Decanato da Facultade a
principios do curso académico. Haberá dúas edicións de actas: maio/xuño e xullo. O alumnado que suspenda na edición de maio/xuño poderá presentarse á edición de xullo. O alumnado que se presente na edición de xullo soamente terá esa oportunidade dentro do mesmo curso académico.

Calquera plaxio identificado será
motivo de suspenso da materia. Entenderase por plaxio calquera cita literal
(curta ou longa) presentada como propia (i.e. sen comiñas e sen referencia da
autoría) ou calquera apropiación das ideas ou metodoloxía dun/ha autor/a que
non se mencione nas referencias, sexa cal for a súa procedencia (un traballo
individual ou colectivo, unha publicación impresa ou un documento electrónico
ou de uso restrinxido, páxina web, ou traballo que se está levando a cabo por
parte dalgún/a compañeiro/a etc). Consonte o Regulamento do TFG, ‘[e]n ningún
caso  pode  ser 
un  traballo  presentado 
con  anterioridade  polo/a estudante  nalgunha 
materia  de  calquera 
titulación’. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o
alumnado da súa responsabilidade neste aspecto
.

Recoméndase que o alumnado visite
a plataforma Faitic con regularidade. Os avisos e anuncios faranse por medio desta
plataforma vía correo electrónico. É responsabilidade da/do estudante consultar
os medios de comunicación establecidos.

A avaliación terá en conta non só
a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección
lingüística.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000