Educational guide 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos tutelados Avaliarase o rigor académico do estudo presentado, a súa fundamentación teórica e o seu deseño metodolóxico, así como a capacidade crítica da/do estudante e os resultados obtidos. Igualmente, avaliarase a adecuación da presentación escrita ás normas académicas. 80 C3
C6
C8
C9
C12
D1
D2
D3
D4
Presentacións/exposicións Avaliarase o rigor académico da defensa oral no relativo á presentación da mesma e ás respostas da quenda de preguntas por parte do tribunal. Para a defensa poderase empregar un pequeno guión ou material de soporte visual (presentación en PowerPoint ou similar), pero en ningún caso a presentación oral poderá consistir na mera lectura dese material. 20 C3
C6
C8
C9
C12
D1
D2
D3
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación dos traballos
realizarase tendo en conta o grao de consecución das competencias establecidas
para a materia TFG.

A coordinadora da materia aportará instrucións
detalladas sobre o proceso de elaboración e entrega do traballo e sobre as
datas das convocatorias. Toda a información estará dispoñible na plataforma Faitic.

As datas de entrega do traballo
escrito e da defensa oral serán anunciadas polo Decanato da Facultade a
principios do curso académico.

Calquera plaxio identificado será
motivo de suspenso da materia. Entenderase por plaxio calquera cita literal
(curta ou longa) presentada como propia (i.e. sen comiñas e sen referencia da
autoría) ou calquera apropiación das ideas ou metodoloxía dun/ha autor/a que
non se mencione nas referencias, sexa cal for a súa procedencia (un traballo
individual ou colectivo, unha publicación impresa ou un documento electrónico
ou de uso restrinxido, páxina web, ou traballo que se está levando a cabo por
parte dalgún/a compañeiro/a etc). Consonte o Regulamento do TFG, ‘[e]n ningún
caso  pode  ser 
un  traballo  presentado 
con  anterioridade  polo/a estudante  nalgunha 
materia  de  calquera 
titulación’. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o
alumnado da súa responsabilidade neste aspecto
.

Recoméndase que o alumnado visite
a plataforma Faitic con regularidade. Os avisos e anuncios faranse por medio desta
plataforma vía correo electrónico. É responsabilidade da/do estudante consultar
os medios de comunicación establecidos.

A avaliación terá en conta non só
a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección
lingüística.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000