Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados Avaliarase o rigor académico do estudo presentado, a súa fundamentación teórica e o seu deseño metodolóxico, así como a capacidade crítica da/do estudante e os resultados obtidos. Igualmente, avaliarase a adecuación da presentación escrita ás normas académicas. 80
Presentacións/exposicións Avaliarase o rigor académico da defensa oral no relativo á presentación da mesma e ás respostas da quenda de preguntas por parte do tribunal. Para a defensa poderase empregar un pequeno guión ou material de soporte visual (presentación en PowerPoint ou OpenOffice Impress), pero en ningún caso a presentación oral poderá consistir na mera lectura dese material. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación dos traballos realizarase tendo en conta o grao de consecución das competencias establecidas para a materia TFG.

Calquera plaxio identificado será motivo de suspenso do TFG. Entenderase por plaxio calquera cita literal (curta ou longa) presentada como propia (i.e. sen comiñas e sen referencia da autoría) ou calquera apropiación das ideas ou metodoloxía dun/ha autor/a que non se mencione nas referencias, sexa cal for a súa procedencia (un traballo individual ou colectivo, unha publicación impresa ou un documento electrónico ou de uso restrinxido, páxina web, ou traballo que se está levando a cabo por parte dalgún/a compañeiro/a etc). Consonte o Regulamento do TFG, '[e]n ningún caso pode ser un traballo presentado con anterioridade polo/a estudante nalgunha materia de calquera titulación'.

Consonte o Regulamento do TFG, os tribunais avaliadores constarán de tres membros do profesorado activo do Grao de Linguas Estranxeiras. A/O director/a de TFG deberán entregar un informe de valoración do TFG dirixido, previamente á defensa oral, seguindo o modelo elaborado pola FFT. A/O titor/a non poderá propoñer unha cualificación.

As cualificacións faranse públicas a través do espazo Faitic da materia TFG tras a xuntanza dos tribunais após as defensas.

A reclamación da materia TFG rexerase pola normativa vixente, como para calquera outra materia. No caso de non superar a materia na 1ª edición de actas, a/o estudante recibirá un informe coas recomendacións oportunas do tribunal avaliador para a mellora do traballo e a súa posterior avaliación en vindeiras edicións.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000