Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados Avaliarase o rigor académico do estudo presentado, a súa fundamentación teórica e o seu deseño metodolóxico, así como a capacidade crítica da/do estudante e os resultados obtidos. Igualmente, avaliarase a adecuación da presentación escrita ás normas académicas. 80
Presentacións/exposicións Avaliarase o rigor académico da defensa oral. Para a defensa poderase empregar un pequeno guión ou material de soporte visual (presentación en PowerPoint ou OpenOffice Impress), pero en ningún caso a presentación oral poderá consistir na mera lectura dese material. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

No caso de non superar a materia na 1ª edición de actas, a/o estudante recibirá un informe coas recomendacións oportunas do tribunal avaliador para a mellora do traballo e a súa posterior avaliación en vindeiras edicións.

Calquera plaxio identificado será motivo de suspenso
do TFG. Entenderase por plaxio calquera cita literal (curta ou longa) presentada
como propia (i.e., sen comiñas e sen referencia da autoría) ou calquera
apropiación das ideas ou metodoloxía dun/ha autor/a que non se mencione nas
referencias e, isto, sexa cal for a súa procedencia (dun traballo individual ou
colectivo, dunha publicación impresa ou dun documento electrónico ou de uso
restrinxido, páxina web, ou traballo que se está levando a cabo por parte
dalgún/a compañeiro/a etc).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000