Educational guide 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Contidos
Tema Subtema
Contidos Os contidos do TFG deberán corresponderse coa liña de traballo na que a/o estudante está rexistrada/o. O tema específico do TFG deberá ser acordado entre a/o estudante e a/o titor/a.

Se as liñas de traballo corresponden a materias de formación básica de 1º curso que non versen directamente sobre linguas estranxeiras, estas deberán estar vinculadas a algún aspecto dalgunha das linguas estranxeiras do grao (inglés, alemán, francés, portugués).

O TFG deberá ser redactado nunha das linguas estranxeiras do grao (inglés, alemán, francés, portugués). A lingua da redacción virá determinada polo tema do traballo e será a mesma para a redacción escrita e para a defensa oral. No caso de traballos comparativos entre dúas linguas estranxeiras, a/o estudante poderá escoller a lingua de redacción.
Estrutura A estrutura do TFG debe ter como esqueleto tres partes básicas: introdución, corpo e conclusión. Os contidos de cada parte serán flexibles atendendo ás convencións do eido no que se enmarcan. Como guía, a introdución xeralmente inclúe o contexto do tema específico do traballo e do eido no que se enmarca, e os obxectivos do estudo a realizar. O corpo do traballo xeralmente comprende varias seccións, como a discusión crítica de estudos previos no tema/eido escollido, a descrición da metodoloxía (se procede) e a análise de datos / da obra literaria. As conclusións deben recoller un resumo do estudo e as conclusións (orixinais) que del se derivan.
Pautas de redacción e presentación Na portada do TFG deberá incluírse: “Grao Universitario en Linguas Estranxeiras (Facultade de Filoloxía e Tradución – Universidade de Vigo)”, o título completo do TFG, o nome do/a autor/a, o nome do/a titor/a, e a convocatoria de presentación (e.g. Maio 2016).

O traballo escrito debe incluír un índice (despois da portada) e unha bibliografía ou lista de referencias, dependo das convencións da liña de traballo. De haberen apéndices, estes deberán incorporarse despois das conclusións e antes das referencias bibliográficas. Non se prescribe un sistema de citación específico para as referencias bibliográficas; cada titor/a poderá recomendar o sistema que considere máis axeitado e este deberase empregar de xeito coherente e seguindo as normas académicas axeitadas.

O traballo escrito terá unha extensión de entre 3.000 e 5.000 palabras, incluídas as notas a pé de páxina, pero excluíndo a portada, o índice, as referencias bibliográficas e os apéndices. O número de palabras total deberá mencionarse expresamente na parte baixa da páxina do índice. Recoméndase a redacción con espazo entre liñas de 1.5 e a impresión a dobre cara (excepto a portada).

A coordinadora da materia aportará instrucións detalladas sobre o proceso de entrega do traballo e as datas das convocatorias consonte as indicacións do equipo do decanato. A información tamén estará dispoñible na plataforma Faitic.
Defensa oral A defensa oral é presencial e obrigatoria.

A defensa oral consistirá nunha exposición por parte do/a autor/a do traballo cun máximo de 10 minutos, seguida dos comentarios do tribunal avaliador composto por tres profesores (máx. 15 minutos), que o/a autor/a do traballo deberá contestar brevemente.

A exposición oral deberá ser presentada nunha das linguas estranxeiras do grao (inglés, alemán, francés, portugués). A lingua virá determinada polo tema do traballo, e deberá ser a mesma cá lingua de redacción do traballo.
As/Os titoras/es deberán elaborar un informe de conformidade da entrega do TFG previamente á defensa oral.
A coordinadora da materia aportará instrucións detallas sobre as datas das convocatorias consonte as indicacións do equipo do decanato. A información tamén estará dispoñible na plataforma Faitic.
Organización da materia A coordinadora da materia é responsable de organizar a materia e de informar debidamente ao alumnado e profesorado.

No curso 2015-16 a coordinadora organizará un par de sesións presenciais co alumnado sobre a organización da materia, a redacción do traballo escrito, a defensa oral, etc. As sesións terán lugar nas primeiras e derradeiras semanas do segundo cuadrimestre.

O recoñecemento en POD para as/os titoras/es desta materia será aquel que determine a normativa de recoñecementos aprobada anualmente polo Consello de Goberno da Universidade de Vigo.

O alumnado deberá contactar co/a titor/a na primeira semana do segundo cuadrimestre para acordar unha reunión.
O TFG cualificarase tendo en conta non só a pertinencia e calidade do contido do traballo senón tamén a súa corrección lingüística, tanto na redacción como na exposición oral.
No caso de non superar a materia, a/o estudante recibirá un informe coas recomendacións oportunas do tribunal avaliador para a mellora do traballo e a súa posterior avaliación.
As reclamacións que puidesen xurdir trala avaliación da materia TFG rexerase pola normativa vixente da FFT, como para calquera outra materia.
‘O traballo de fin de grao debe ser cualificado en acta unha vez que se teña constancia de que o/a estudante dispón de todos os créditos necesarios para obter o título oficial de grao, salvo os correspondentes ao propio traballo, xa sexa por superación das materias correspondentes ou por recoñecemento.’ (Reg. Uvigo)
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000