Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Contidos
Tema Subtema
Estrutura A estrutura do TFG pode seguir distintos modelos e será a/o director/a quen aconselle en cada caso a estrutura máis axeitada ao tema do traballo.
Pautas de redacción e presentación O TFG terá unha extensión de entre 2.000 e 3.000 palabras, incluída a Bibliografía.
Non se prescribe un sistema de citación específico para as referencias bibliográficas. Cada director/a poderá recomendar o sistema que considere máis axeitado e este deberase empregar de xeito coherente e seguindo normas académicas.
O TFG deberá ser entregado en formato impreso (3 copias) e en PDF. Recoméndase a impresión a dobre cara.
Na portada no TFG deberá incluírse: Grao Universitario en Linguas Estranxeiras (Facultade de Filoloxía e Tradución - Universidade de Vigo), o título completo do TFG, o nome da/do autor/a e o da/do director/a, e a data de presentación.
Defensa oral Consonte ao Regulamento do Traballo de Fin de Grao vixente na Facultade de Filoloxía e Tradución, a defensa oral é obrigatoria. Constará dunha exposición por parte da/do autor/a do traballo (máx. 10 minutos), seguida dos comentarios do tribunal (máx. 15 minutos), que a/o deberá contestar brevemente.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000