Educational guide 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Resultados de aprendizaxe
Resultados previstos na materia Resultados de Formación e Aprendizaxe
Adquisición dos fundamentos teóricos e aplicados que ofrece a lingüística nos principais paradigmas do estudo e descrición das linguas, e/ou a síntese, relación e descrición das literaturas provenientes de distintos ámbitos culturais e sociais, períodos, xéneros e movementos. C3
D1
Construción de argumentos sólidos sobre os temas e textos a estudar, seguindo as convencións académicas, empregando evidencias suficientes que corroboren os razoamentos expostos, facendo uso dos recursos bibliográficos e electrónicos dispoñibles, especialmente os orientados á investigación lingüística e literaria e á docencia das linguas impartidas no grao. C6
D3
D4
Desenvolvemento dun pensamento autónomo e crítico, realizando contrastes críticos e respectuosos, e mostrando actitudes de tolerancia cara á diversidade social e cultural dos países das diversas linguas estranxeiras. C6
D3
D4
Formulación de razoamentos críticos a respecto dos campos de estudo lingüístico e/ou literario que conduzan á adquisición dun método sólido de análise lingüística e/ou literaria para alén da mera aproximación subxectiva e intuitiva ás linguas e textos obxecto de estudo. C8
D3
D4
Planificación, estruturación e desenvolvemento de ensaios escritos e presentacións orais, formulando hipóteses, utilizando unha metodoloxía apropiada para transmitir ideas de xeito eficaz e válido, seguindo as convencións académicas e empregando evidencias suficientes que corroboren os razoamentos expostos. C9
D2
Habilidade para utilizar as novas tecnoloxías como recurso metodolóxico, de investigación, didáctico e de comunicación. C12
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000