Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas.
-- Actividades introdutorias: Campus Remoto, sesión síncrona (preferiblemente) ou asíncrona. Handouts na plataforma de teledocencia.

* Metodoloxías docentes que se modifican
Sen modificación.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
Correo electrónico e titorías a través do despacho virtual da coordinadora da materia e dos titores/as, con cita previa.

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Sen modificación.

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
Sen modificación.


=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Sen modificación no número, tipo ou porcentaxe de cualificación.

Modificación no formato de entrega:
-- O traballo escrito será entregado unicamente de forma telemática .
-- A presentación oral terá lugar de forma telemática a través de Campus Remoto (aula virtual ou despacho virtual do titor/a).

=== MODALIDADE MIXTA ===
Plan de continxencia sobre a modalidade mixta, na que unha parte do estudantado asistirá ás aulas de forma presencial e outra parte seguirá as clases dun modo síncrono (preferentemente) ou asíncrono: o profesorado manterá as metodoloxías, a atención personalizada e os sistemas de avaliación como se indica para a modalidade presencial, adaptando os grupos de estudantes e as quendas para cumprir coa normativa sanitaria que se estableza no seu momento.

=== INFORMACIÓN ADICIONAL ===
O proceso de ensinanza-aprendizaxe desta materia exposto nesta guía docente poder ser obxecto de modificación co fin de axustarse a posibles modificacións da normativa de TFG do centro, en circunstancias sanitarias excepcionais e previa aprobación en Xunta de Facultade.

As/Os estudantes poderán ser gravados con voz e imaxe durante a realización de probas de avaliación, conforme a Resolución Reitoral do 24 de abril de 2020, atendendo debidamente á protección de datos do estudantado e profesorado.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000