Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Xéneros literarios do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Lectura, análise e comentario de textos. Intercambio de ideas sobre dita análise, desenvolvendo un pensamento autónomo e crítico, e amosando actitudes de tolerancia. Avaliarase a participación activa na aula e as súas respostas a preguntas e actividades que se propoñan. 25 A1
A2
A3
A5
B2
B3
B4
B6
C199
C200
C203
Exame de preguntas de desenvolvemento 3 breves exames escritos sobre os contidos da materia, con preguntas de desenvolvemento e comentario de textos.
Terán lugar ao rematar as unidades 2, 3 e 4 en horario de clase, en datas a anunciar ao comezo do cuadrimestre. Cada proba contará un 25% da nota final.
75 A1
A2
A3
A4
A5
B2
B6
C199
C200
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

Avaliación continua

O antedito sistema de avaliación está deseñado para o alumnado que asista regularmente ás clases. Estas probas de avaliación serán dun máximo dunha hora e faranse en horario de clase, en datas a anunciar polo profesorado ao comezo do cuadrimestre, e con recordatorios en Moovi antes de cada unha. Cada proba contará un 25% da nota final e será preciso aprobar cun mínimo de 5 puntos de 10 para calcular a media.

Avaliación única

Aquelas persoas que, excepcionalmente e por algunha causa xustificada, non poidan asistir con regularidade deberán comunicalo ao profesor da materia ao principio so cuadrimestre. Este alumnado deberá facer un exame final sobre todos os contidos da materia nas datas estipuladas no calendario oficial ao efecto. Será recordado a través de Moovi con antelación.

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO)

O alumnado que suspenda algunha das anteditas probas poderá intentalo de novo no exame que terá lugar o día estipulado oficialmente polo decanato a finais de xuño ou principios de xullo. 

CONSIDERACIÓNS XERAIS

A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa claridade e correción lingüística.

O plaxio total ou parcial en calquera tipo de actividade avaliable suporá o suspenso da materia. Alegar descoñecemento do que supón un
plaxio non eximirá ao alumno ou alumna da súa responsabilidade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000