Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Xéneros literarios do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos/análises de situacións Proba presencial o día estipulado polo decanato ó remate das
clases do segundo cuadrimestre no periodo do 9 ó 25 de maio.
Terá unha parte na cal o estudante terá que mostrar o seu coñecemento dos temas expostos durante o curso e outra na que varios clips dos filmes tratados no curso serán analizados e comentados.
50 A1
A2
A3
A5
B2
B3
B4
B6
C199
C200
C203
Traballo tutelado Traballo escrito de extensión curta (6-7 pp) sobre calquera texto ou tema do período analizado. Comparará algunha das ficcións escritas que analizou o curso coa súa narrativa cinemática. O estudante é libre de seleccionar a aproximación e o tema.
Será entregado ó profesor o día no que teña lugar a proba presencial descrita no apartado anterior. A pesar de que se lles dará orientación, aconsellamos ós estudantes falar co profesor para recibir atención persoal.
40 A4
B8
C199
C200
C201
C202
C203
Resolución de problemas e /ou exercicios de forma autónoma Participación activa nas clases cando se plantexen preguntas e cuestións analiticas sobre os textos fílmicos e literarios analizados. 10 B7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

O proceso de avaliación arriba descrito será válido para todo o alumnado. Independentemente do tipo de avaliación (continua ou única) o alumnado será avaliado coa proba presencial final (50% para continua, 60% para única sen prácticas breves) e co traballo tutelado (40%). Polo carácter eminentemente práctico da materia recoméndase a asistencia ás aulas o máis posible. A proba presencial final terá lugar o día estipulado oficialmente polo decanato ó remate das clases do segundo cuadrimestre no periodo do 9 ó 25 de maio para as dúas modalidades (continua/única).

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO)

O alumnado que suspenda a avaliación continua/única (en todo ou en parte) será avaliado mediante unha única proba final no mes de xullo semellante a proba do final do cuadrimestre. Neste caso a proba final computará coma o 100%.De ter algunha parte aprobada na primeira edición seríalle gardada ó alumnado en xullo e tería que facer/entregar só a parte suspensa.

O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo suporá un
suspenso automático na materia. Alegar descoñecemento do que supón un
plaxio non eximirá ao alumno ou alumna da súa responsabilidade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000