Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Xéneros literarios do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos/análises de situacións Proba presencial o día estipulado polo decanato ó remate das
clases do segundo cuadrimestre no periodo do 9 ó 24 de maio.
Terá unha parte na cal o estudante terá que mostrar o seu coñecemento dos temas expostos durante o curso e outra na que varios clips dos filmes tratados no curso serán analizados e comentados.
50 A1
A2
A3
A5
B2
B3
B4
B6
C199
C200
C203
Traballos tutelados Traballo escrito de extensión curta (6-7 pp) sobre calquera texto ou tema do período analizado. Comparará algunha das ficcións escritas que analizou o curso coa súa narrativa cinemática. O estudante é libre de seleccionar a aproximación e o tema.
Será entregado ó profesor o día no que teña lugar a proba presencial descrita no apartado anterior. A pesar de que se lles dará orientación, aconsellamos ós estudantes falar co profesor para recibir atención persoal.
40 A4
B8
C199
C200
C201
C202
C203
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Participación activa nas clases cando se plantexen preguntas e cuestións analiticas sobre os textos fílmicos e literarios analizados. 10 B7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

O proceso de avaliación arriba descrito será válido para todo o alumnado. Independentemente do tipo de avaliación (continua ou única) o alumnado será avaliado coa proba presencial final (50% para continua, 60% para única sen prácticas breves) e co traballo tutelado (40%). Polo carácter eminentemente práctico da materia recoméndase a asistencia ás aulas o máis posible. A proba presencial final terá lugar o día estipulado oficialmente polo decanato ó remate das clases do segundo cuadrimestre no periodo do 9 ó 24 de maio para as dúas modalidades (continua/única).

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO)

O alumnado que suspenda a avaliación continua/única (en todo ou en parte) será avaliado mediante unha única proba final no mes de xullo semellante a proba do final do cuadrimestre. Neste caso a proba final computará coma o 100%.De ter algunha parte aprobada na primeira edición serialle gardada ó alumnado en xullo e teria que facer/entregar só a parte suspensa.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000