Educational guide 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Xéneros literarios do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentacións/exposicións Unha presentación oral sobre algunha temática relacionada cos contidos e textos da materia e supervisada polo profesorado. Na data acordada co profesorado. 20
Traballos tutelados Un traballo de grupo escrito onde se constrúan argumentos sólidos sobre determinados temas e textos a estudar, seguindo as convencións académicas e empregando evidencias textuais, contextuais e críticas que corroboren ditos argumentos. A entregar nunha data acordada co profesorado. 30
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Un exame escrito sobre os contidos da materia, con preguntas de desenvolvemento e análise de textos. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Este proceso de avaliación está deseñado para o alumnado que asista regularmente ás clases. A asistencia ás aulas non é obrigatoria.

O alumnado que non siga a avaliación continua deberá facer unha proba escrita sobre os contidos da materia o último día de clase correspondente a esta materia, con preguntas de desenvolvemento e análise de textos, o cal suporá o 100% da súa cualificación final.

As datas das probas serán anunciadas no cronograma, na aula e en FAITIC con antelación suficiente para que todos poidan acudir a realizalas.

O profesorado informará do tipo de traballos a realizar e das datas de presentación dos mesmos con suficiente antelación.

Para a segunda edición de actas, en xullo, o alumnado que non aprobe a avaliación continua ou aquel que non superase a proba final no mes de maio, o último día de clase de esta materia, poderá facer un exame escrito nas datas de exames oficiais establecidas pola Xunta de Facultade. A avaliación consistirá nunha única proba final (100% da calificación) e non se tendrá en conta as calificacións das presentacións e dos traballos realizados para a avaliación continua.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000