Traballos tutelados |
Un traballo de grupo escrito onde se constrúan argumentos sólidos sobre determinados temas e textos a estudar, seguindo as convencións académicas e empregando evidencias textuais, contextuais e críticas que corroboren ditos argumentos. A entregar nunha data acordada co profesorado. |
30 |
|
|
|
|
Este proceso de avaliación está deseñado para o alumnado que asista regularmente ás clases. A asistencia ás aulas non é obrigatoria. O alumnado que non siga a avaliación continua deberá facer unha proba escrita sobre os contidos da materia o último día de clase correspondente a esta materia, con preguntas de desenvolvemento e análise de textos, o cal suporá o 100% da súa cualificación final. As datas das probas serán anunciadas no cronograma, na aula e en FAITIC con antelación suficiente para que todos poidan acudir a realizalas. O profesorado informará do tipo de traballos a realizar e das datas de presentación dos mesmos con suficiente antelación. Para a segunda edición de actas, en xullo, o alumnado que non aprobe a avaliación continua ou aquel que non superase a proba final no mes de maio, o último día de clase de esta materia, poderá facer un exame escrito nas datas de exames oficiais establecidas pola Xunta de Facultade. A avaliación consistirá nunha única proba final (100% da calificación) e non se tendrá en conta as calificacións das presentacións e dos traballos realizados para a avaliación continua. |