Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Xéneros literarios do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Unha presentación oral sobre algunha temática relacionada cos contidos e textos da materia e supervisada polo profesorado. Na data acordada co profesorado. 30
Traballos tutelados Un traballo escrito onde se constrúan argumentos sólidos sobre determinados temas e textos a estudar, seguindo as convencións académicas e empregando evidencias textuais, contextuais e críticas que corroboren ditos argumentos. A entregar nunha data acordada co profesorado. 30
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Dous exames escritos sobre os contidos da materia, con preguntas de desenvolvemento e análise de textos. Un ao final da docencia do profesor Figueroa e outro ao final da docencia da profesora Caneda. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Este proceso de avaliación está deseñado para o alumnado que asista regularmente ás clases. Aquelas persoas que, excepcionalmente e por algunha causa xustificada, non poidan asistir ao 80% das sesións presenciais, deberán comunicarllo ao profesorado ao principio do cuadrimestre. Deberán facer unha proba escrita sobre os contidos da materia o último día de clase correspondente a esta materia, con preguntas de desenvolvemento e análise de textos, o cal suporá o 100% da súa cualificación final.

O profesorado informará do tipo de traballos a realizar e das datas de presentación dos mesmos con suficiente antelación.

Para a segunda edición de actas, en xullo, o alumnado que non aprobe a avaliación continua, poderá facer un exame escrito na data establecida pola Xunta de Facultade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000