Traballos tutelados |
Un traballo escrito onde se constrúan argumentos sólidos sobre determinados temas e textos a estudar, seguindo as convencións académicas e empregando evidencias textuais, contextuais e críticas que corroboren ditos argumentos. A entregar nunha data acordada co profesorado. |
30 |
Este proceso de avaliación está deseñado para o alumnado que asista regularmente ás clases. Aquelas persoas que, excepcionalmente e por algunha causa xustificada, non poidan asistir ao 80% das sesións presenciais, deberán comunicarllo ao profesorado ao principio do cuadrimestre. Deberán facer unha proba escrita sobre os contidos da materia o último día de clase correspondente a esta materia, con preguntas de desenvolvemento e análise de textos, o cal suporá o 100% da súa cualificación final. O profesorado informará do tipo de traballos a realizar e das datas de presentación dos mesmos con suficiente antelación. Para a segunda edición de actas, en xullo, o alumnado que non aprobe a avaliación continua, poderá facer un exame escrito na data establecida pola Xunta de Facultade. |