Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Xéneros literarios do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Competencias de materia
Resultados previstos na materia Tipoloxía Resultados de Formación e Aprendizaxe
Identificar as principais achegas teóricas sobre o(s) xénero(s) ou modo(s) literario(s) a estudar: en canto a concepto, terminoloxía, tipoloxía, aspectos históricos, características principais, metodoloxía(s) de interpretación e calquera outra cuestión especificada no programa correspondente.
saber
A2
A3
A4
B1
Describir e analizar textos representativos dese(s) xénero(s) ou modo(s), relacionalos con outros textos do mesmo xénero ou doutros e reflexionar sobre a interacción co contexto histórico, social e cultural en que se inscribe a súa produción e recepción.
saber
saber facer
A3
A4
A6
A7
A8
A11
B3
Participar en debates e actividades en grupo, desenvolvendo un pensamento autónomo e crítico, realizando contrastes críticos e respectuosos, e mostrando actitudes de tolerancia cara á diversidade social e cultural dos países das diversas linguas estranxeiras, de defensa de dereitos fundamentais, de principios de igualdade e de valores democráticos.
saber facer
Saber estar / ser
A7
B4
Planificar, estruturar e desenvolver ensaios escritos e presentacións orais nas diversas linguas estranxeiras, formulando hipóteses, utilizando unha metodoloxía apropiada para transmitir ideas de xeito eficaz e válido, seguindo as convencións académicas e empregando evidencias suficientes que corroboren os razoamentos expostos.
saber facer
A9
B4
Localizar, seleccionar, organizar e avaliar información relevante relacionada co(s) xénero(s) escollido(s) e cos textos a analizar máis profundamente, recorrendo a fontes bibliográficas ou recursos electrónicos.
saber
saber facer
A6
A8
A9
B5
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000