Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Xéneros literarios do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A1 Que as/os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que se atopa a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
A2 Que as/os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
A3 Que as/os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
A4 Que as/os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
A5 Que as/os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B2 Identificar as principais contribucións teóricas nos distintos ámbitos xeográficos, sociais e culturais da literatura do primeiro idioma estranxeiro, desde unha perspectiva que teña en consideración os valores democráticos, de igualdade social, de xénero, raza e orientación sexual, así como dunha cultura para a paz.
B3 Adquirir os fundamentos teóricos e aplicados que ofrece a lingüística nos principais paradigmas do estudo e descrición das linguas, así como sintetizar, relacionar e describir as literaturas da primeira lingua estranxeira provenientes de distintos ámbitos culturais e sociais, períodos, xéneros e movementos.
B4 Adquirir as ferramentas e técnicas metodolóxicas básicas para o estudo e a análise lingüística e literaria.
B6 Construír argumentos sólidos sobre os temas e textos a estudar, seguindo as convencións académicas, empregando evidencias suficientes que corroboren os razoamentos expostos, facendo uso dos recursos bibliográficos e electrónicos dispoñibles, especialmente os orientados á investigación lingüística e literaria e á docencia das linguas impartidas no grao.
B7 Participar en debates e actividades en grupo, desenvolvendo un pensamento autónomo e crítico, realizando contrastes críticos e respectuosos, e mostrando actitudes de tolerancia cara á diversidade social e cultural dos países das diversas linguas estranxeiras, de defensa de dereitos fundamentais, de principios de igualdade e de valores democráticos.
B8 Formular razoamentos críticos a respecto dos campos de estudo lingüístico e literario que conduzan á adquisición dun método sólido de análise lingüística e literaria para alén da mera aproximación subxectiva e intuitiva ás linguas e textos obxecto de estudo.
C199 Identificar as principais achegas teóricos sobre o xénero(s) ou modo(s) literario(s) a estudar: en canto a concepto, terminoloxía, tipoloxía, aspectos históricos, características principais, metodoloxía(s) de interpretación e calquera outra cuestión especificada no programa correspondente.
C200 Describir e analizar textos representativos tal(es) xénero(s) ou modo(s), relacionalos con outros textos do mesmo xénero ou doutros, e reflexionar sobre a interacción co contexto histórico, social e cultural en que se inscribe a súa produción e recepción.
C201 Participar en debates e actividades en grupo, desenvolvendo un pensamento autónomo e crítico, realizando contrastes críticos e respectuosos con outros axentes da aula, e mostrando actitudes de tolerancia cara á diversidade social e cultural nos países de fala inglesa, de defensa de dereitos fundamentais, de principios de igualdade e de valores democráticos.
C202 Planificar, estruturar e desenvolver ensaios escritos e presentacións orais en inglés, formulando hipótese, utilizando unha metodoloxía apropiada para transmitir ideas de maneira eficaz e válida, seguindo as convencións académicas e empregando evidencias suficientes que corroboren os razoamentos expostos.
C203 Localizar, seleccionar, organizar e avaliar información relevante relacionada co xénero(s) escollido(s) e cos textos a analizar máis profundamente, recorrendo a fontes bibliográficas ou recursos electrónicos.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000