Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Variación e cambio do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Participación e implicación do alumnado nas sesións presenciais: atención, comentarios e preguntas ao fío das explicacións e resolución de actividades encomendadas. Os exercicios poden, con ou sen previo aviso, ser puntuados polo profesorado. 15 B7
C98
C99
Traballo tutelado O alumnado, de maneira individual, elabora e entrega un documento escrito sobre un tema relacionado cos contidos da materia que será presentado previamente na aula. O alumnado deberá tamén avaliar de maneira anónima un número de presentacións realizadas polo resto do alumnado.
25 A3
B6
B8
B9
C101
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame final no que se avaliará o coñecemento do alumnado sobre o cambio léxico, semántico e fonolóxico da lingua inglesa. 30 A1
A3
A4
B3
B5
B6
B8
C95
C96
C100
C104
C105
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame final no que se avaliará o coñecemento do alumnado sobre o cambio morfolóxico e sintáctico, así como sobre outros factores determinantes da variación e o cambio en lingua inglesa. 30 A1
A3
A4
B3
B5
B6
B8
C95
C96
C100
C104
C105
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS (maio)

1. Avaliación continua

A avaliación continua permite ao alumnado demostrar i) a comprensión dos cambios maiores que afectan á evolución da lingua inglesa, e ii) a súa habilidade para analizar datos e presentar un argumento de xeito claro e conciso.

Para a avaliación continua computarán os seguintes parámetros obrigatorios:

  • resolución de problemas (15%)
  • traballo tutelado (traballo escrito, presentación, peer assessment) (25%)
  • exame final (30% cada unha das dúas partes)

Periodicamente durante o curso, con ou sen previo aviso, o alumnado realizará exercicios que constituirán un 15% da cualificación final. Ese 15% contempla tamén a participación na clase, é dicir, as intervencións en discusións e os exercicios de traballo persoal. É requisito indispensable acadar un resultado igual ou superior ao 50% para aprobar o curso.

O alumnado tamén terá que realizar un traballo tutelado, que suporá o 25% da cualificación final. Este compoñente consiste de tres partes, todas obrigatorias: (i) presentación, (ii) peer assessment e (iii) traballo escrito. Non realizar unha delas implica o suspenso do 25% da tarefa na súa totalidade. É requisito indispensable acadar un resultado igual ou superior ao 50% para aprobar o curso.

  • A presentación e a entrega do traballo escrito (20%) levaranse a cabo de maneira individual. A extensión e a temática negociaranse co profesorado da materia. Os criterios de avaliación estarán reflexados nunha rúbrica e serán explicados na clase. O traballo escrito será entregado en maio do curso correspondente, tras a súa presentación na aula en horario docente. Ambas datas serán acordadas co alumnado na clase. O traballo escrito debe: i) comezar e desenvolver unha tese ben definida e aportar unha conclusión clara, ii) conter como mínimo tres referencias, e iii) ser entregado telemáticamente a través da plataforma de teledocencia MooVi.
  • Peer assessment (5%). Cada estudante deberá avaliar anónimamente un número (a determinar polo profesorado) de presentacións realizadas polo resto do alumnado (peers). A avaliación seguirá os criterios establecidos na rúbrica e será anónima.

exame final consistirá en dúas partes, cada unha das cales representará un 30% da cualificación final. Este examen medirá a capacidade do alumnado de aplicar o coñecemento teórico sobre os aspectos lingüísticos explicados nas clases maxistrais e seminarios a un número de casos prácticos da historia da Lingua Inglesa. Proporcionarase información detallada sobre os criterios de avaliación na clase. O exame terá lugar durante o período oficial de exames de maio, na data oficial aprobada en Xunta de Facultade e publicada na páxina web do centro. É requisito indispensable acadar un resultado igual ou superior ao 50% en cada unha das dúas partes do exame para aprobar o curso.

Para aprobar a materia en avaliación continua débese obter un 5 sobre 10 na nota media. Para poder facer media, é requisito indispensable obter un 5 sobre 10 nos exercicios de avaliación continua, no traballo tutelado e en cada unha das dúas partes do exame escrito. De non ser o caso, a materia estará suspensa aínda que a media aritmética das probas sexa 5 ou superior.

Espérase do alumnado honestidade académica en todo momento durante o curso. Unha conducta académica irregular (incluíndo copia, plaxio, fraude, e a presentación de todo tipo de traballo ou material realizado na súa totalidade ou en parte por persoas alleas) non será tolerada e será penalizada cun cero na convocatoria correspondente (ver a sección 'Realización fraudulenta das probas de avaliación').

2. Avaliación única

O alumnado que non poida seguir as clases dun xeito regular debe poñerse en contacto co profesorado ao comezo do curso (durante as dúas primeiras semanas). Será avaliado cun único exame que terá un valor do 100% da cualificación. Para aprobar a materia será preciso obter un 5 sobre 10.

O exame terá lugar durante o período de exames oficial de avaliación única de maio na data aprobada en Xunta de Facultade e publicada na páxina web do centro. 

De todos os modos, recoméndase a asistencia ás sesións presenciais sempre que sexa posible e visitar a plataforma de teledocencia MooVi do curso de xeito regular.

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (xuño)

O alumnado que non supere todas as partes da avaliación continua na primeira edición de actas poderá ser avaliado por medio dun exame final que suporá o 100% da cualificación. Para aprobar a materia será preciso obter un 5 sobre 10.

O exame terá lugar durante o período oficial de exames de xuño, na data aprobada en Xunta de Facultade e publicada na páxina web do centro. 

O alumnado que supere algunha das partes da avaliación continua soamente terá que recuperar as partes suspensas. De non superalas na segunda edición de actas, deberá examinarse da totalidade da materia en cursos académicos posteriores, xa que as partes superadas carecerán de validez para cursos posteriores. Para aprobar a materia será preciso obter un 5 sobre 10


Observacións:

  • A asistencia ás aulas é altamente recomendable. 
  • Os exames parciais e as probas de avaliación continua considéranse oficiais, e polo tanto, un cambio de data debe de estar sempre debidamente xustificado por causas de forza maior (accidente, operación cirúrxica ou falecemento de familiar en primeiro grao na data exacta da proba) e, sempre que sexa posible, debe de ser comunicado ao profesorado do curso con anterioridade á data de realización da proba.
  • Os mesmos criterios descritos neste apartado tamén se aplicarán ao alumnado alleo (Erasmus). Todos os exames e probas de avaliación continua serán presenciais. É responsabilidade do alumnado estar en Vigo para realizar ditas probas, incluíndo as da segunda edición de actas. Non se realizarán exames en liña.
  • É responsabilidade do alumnado estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar. Non hai obriga de comunicar as datas de avaliación mediante a plataforma de teledocencia.
  • A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística e estilística. De non ser así, a proba de avaliación pode resultar nun suspenso.
  • Non está permitido o uso de dicionarios, ordenadores ou calquera outro aparello electrónico, con ou sen conexión a internet, durante a realización das probas, salvo que o profesorado indique o contrario por razóns pedagóxicas.

REALIZACIÓN FRAUDULENTA DAS PROBAS DE AVALIACIÓN:

De acordo cos Artigos 40-42 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e o proceso de aprendizaxe do estudantado, aprobado no claustro do 18 de abril de 2023,

"Enténdese por plaxio, a copia total ou parcial de textos ou doutros elementos (software, imaxes, gráficos etc.) como de elaboración propia sen citar a súa procedencia, incluída a utilización de medios dixitais. Por outro lado, enténdese como fraude académica calquera comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o rendemento académico." (Véxase Artigo 41 sobre que circunstancias implican unha realización fraudulenta dunha proba de avaliación.)

"A actuación fraudulenta en calquera proba de avaliación implicará a cualificación de cero (suspenso) na acta da oportunidade de avaliación da convocatoria correspondente, iso con independencia do valor que sobre a cualificación global desta tivese a proba en cuestión e sen prexuízo das posibles consecuencias de índole disciplinaria que poidan producirse."

Alegar descoñecemento do que supón o plaxio e/ou a fraude académica non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000