A avaliación da matería permitiralle ó alumnado amosar: i) o seu coñecemento dos cambios principais que afectan ó desenvolvemento da lingua inglesa; ii) a súa habilidade para analizar datos e presentar unha argumentación clara e concisa do seu análise. O progreso do alumnado será avaliado cunha proba final cun compoñente teórico-práctico que incluirá preguntas curtas e longas sobre os contidos teóricos e a súa aplicación práctica. Terá lugar ó remate do cuadrimestre no periodo 19-30 de maio. O alumnado recibirá información detallada coa suficiente antelación. O alumnado terá que entregar tres prácticas breves ó longo do cuadrimestre, conectadas co remate das seccións principáis que artellan ó programa. Estas tres entregas constituen o 30% da nota final e serán corrixidas polo profesor da materia, quen lle dará ó alumnado información detallada coa suficiente antelación. O profesor tamén terá en cónta na evaluación continua da materia (10% da nota final) a participación activa nas clases, nas súas discusións e debates e os pequenos exercicios que poidan xurdir no día a día do desenvolvemento das aulas. O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo suporá un
suspenso automático na materia. Alegar descoñecemento do que supón un
plaxio non eximirá o alumno ou alumna da súa responsabilidade. O alumnado que non poida asistir ás clases dun xeito regular terá que comunicalo ó profesor no comezo do curso (primeiras dúas semanas de clase). Serán avaliados só coa proba final, que será o 100% da nota. Se asi se comunica ó profesor, o alumnado de avaliación única poderá entrega-las prácticas breves, que serán tidas en conta cun 30 % da nota. Nese caso a proba final terá o valor do 70% da nota. A proba final de avaliación única terá lugar o mesmo día que a proba continua: ó remate do cuadrimestre no periodo 19-30 de maio. O alumnado
recibirá información detallada coa suficiente antelación. Nos casos no que o alumnado non acade o aprobado na avaliación continua/única do mes de maio (ou non se presente) terá que examinarse do conxunto da materia nunha proba final no mes de xullo semellante a proba do final do cuadrimestre. Neste
caso a proba final computará coma o 100%. |