Guia docente 2015_16
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Variación e cambio do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios participación e implicación do alumnado nas sesións presenciais: atención, comentarios e preguntas ao fío das explicacións e resolución de actividades encomendadas. 10 C1
C3
C4
C5
C6
C7
C8
C9
C10
C11
C12
C13
Traballos tutelados O estudante, de maneira individual, elabora un documento sobre a temática da materia. 30 C1
C3
C4
C5
C6
C7
C8
C9
C10
C11
C12
C13
D2
D3
D4
D5
Outras proba final cun compoñente teórico-práctico que incluirá preguntas curtas e longas sobre os contidos teóricos e a súa aplicación práctica. Terá lugar ó remate do cuadrimestre no periodo 19-30 de maio. 60 A2
A4
A5
C1
C3
C4
C5
C6
C7
C8
C9
C10
C11
C12
C13
D2
D3
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación da matería permitiralle ó alumnado amosar: i) o seu coñecemento dos cambios principais que afectan ó desenvolvemento da lingua inglesa; ii) a súa habilidade para analizar datos e presentar unha argumentación clara e concisa do seu análise.

O progreso do alumnado será avaliado cunha proba final cun compoñente teórico-práctico que incluirá preguntas curtas e longas sobre os contidos teóricos e a súa aplicación práctica. Terá lugar ó remate do cuadrimestre no periodo 19-30 de maio. O alumnado recibirá información detallada coa suficiente antelación.

O alumnado terá que entregar tres prácticas breves ó longo do cuadrimestre, conectadas co remate das seccións principáis que artellan ó programa. Estas tres entregas constituen o 30% da nota final e serán corrixidas polo profesor da materia, quen lle dará ó alumnado información detallada coa suficiente antelación.

O profesor tamén terá en cónta na evaluación continua da materia (10% da nota final) a participación activa nas clases, nas súas discusións e debates e os pequenos exercicios que poidan xurdir no día a día do desenvolvemento das aulas.

O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo suporá un
suspenso automático na materia. Alegar descoñecemento do que supón un
plaxio non eximirá o alumno ou alumna da súa responsabilidade.

O alumnado que non poida asistir ás clases dun xeito regular terá que comunicalo ó profesor no comezo do curso (primeiras dúas semanas de clase). Serán avaliados só coa proba final, que será o 100% da nota. Se asi se comunica ó profesor, o alumnado de avaliación única poderá entrega-las prácticas breves, que serán tidas en conta cun 30 % da nota. Nese caso a proba final terá o valor do 70% da nota. A proba final de avaliación única terá lugar o mesmo día que a proba continua: ó remate do cuadrimestre no periodo 19-30 de maio. O alumnado
recibirá información detallada coa suficiente antelación.

Nos casos no que o alumnado non acade o aprobado na avaliación continua/única do mes de maio (ou non se presente) terá que examinarse do conxunto da materia nunha proba final no mes de xullo semellante a proba do final do cuadrimestre. Neste
caso a proba final computará coma o 100%.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000