Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Movementos culturais e literarios do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentacións/exposicións Presentación oral obrigatoria de 10 minutos en relación a un texto de lectura, previa consulta e acordo coa profesora responsable
20 B6
B7
C197
C198
Estudo de casos/análises de situacións Participación nas sesións de análises de textos
10 A3
B5
C193
C194
C195
Probas de resposta curta Test de resposta curta 20 A3
C198
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Elaboración de 2 ensaios longos escritos (25% cada un) a realizar na aula 50 A3
A4
C193
C194
C195
C196
C197
C198
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

É responsabilidade do alumnado manterse atento á plataforma Faitic para ter acceso á información sobre datas de probas, sistema de avaliación e datos relevantes sobre o desenvolvemento do curso.

PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

A avaliación recomendada desta materia será continua, segundo o establecido arriba. A data de celebración das presentacións, será acordada coa alumnado na 2ª semana de clase (unha vez que o grupo estea constituído e consolidado) e terá lugar en horario de clase. A data de celebración das probas de resposta curta e longa terá lugar na data estipulada oficialmente no calendario de exames de maio.

O alumnado que  non concorra á  avaliación  continua será cualificado de acordo coa avaliación única, que constitúe o 100% da cualificación e será avaliado exclusivamente mediante un exame celebrado na data estipulada oficialmente no calendario de exames de maio.

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS

Calquera alumna/o de avaliación continua que, ó final de curso, non superase a avaliación continua/única (sexa por notas insuficientes ou por non cumprimento) terá dereito a un exame final na 2ª edición de actas (xullo) que constitúe o 100% da cualificación, exactamente nas mesmas condicións que o alumnado non asistente dende un principio. Ver Nota 1 e Nota 2. 

NOTA 1: En ningún caso se contemplarán vías de avaliación intermedias entre os dous sistemas de avaliación (continua/única).

NOTA 2: Comezado o curso e obtidas as primeiras cualificacións no sistema de avaliación continua (presentación oral e proba curta), enténdese que este alumnado asume e acepta dito sistema para a 1ª edición de actas. Caso de abandonar máis tarde o sistema de A.C. a/o alumna/o só poderá optar a ser cualificado na 2ª edición de actas (xullo).

NOTA 3: O plaxio total ou parcial en calquera traballo de preparación autónoma suporá un suspenso automático na materia. Alegar descoñecemento das implicacións do plaxio non eximirá ó alumnado da súa responsabilidade.

NOTA 4: Estas condicións de avaliación aplicaranse de forma idéntica ó alumnado ERASMUS, ISEP ou outro alumnado de intercambio que curse a materia. En atención ás competencias de materia e de titulación sobre valores democráticos e igualdade (competencias 1 e A2), non existirá ningún tipo de "discriminación positiva" cara ó alumnado de intercambio, calquera que sexan as súas circunstancias académicas na súas universidades de orixe.

É responsabilidade do alumnado manterse atento á plataforma Faitic para ter acceso á información sobre datas de probas, sistema de avaliación e datos relevantes sobre o desenvolvemento do curso.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000