Educational guide 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Movementos culturais e literarios do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentacións/exposicións Presentación oral obrigatoria de 10 minutos en relación a un texto de lectura, previa consulta e acordo coa profesora responsable.
20 C4
C5
C9
D3
Estudo de casos/análises de situacións Participación nas sesións de análises de textos
10 A3
C8
C10
D5
Probas de resposta curta Test de resposta curta 20 A3
C4
C11
D5
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Elaboración de 2 ensaios longos escritos a realizar na aula durante a última sesión do curso segundo o estipulado no calendario oficial. 50[25+25] A3
A4
C10
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

É responsabilidade do alumnado manterse atento á plataforma Faitic para ter acceso á información sobre datas de probas, sistema de avaliación e datos relevantes sobre o desenvolvemento do curso.

A avaliación recomendada desta materia será continua. En casos de faltas de asistencia (coa excepción de faltas xustificadas por motivos graves), falta de participación nas sesións de estudo de casos, falta de participación nas probas de resposta curta e longa implica a perda da cualificación porcentual indicada enriba para cada unha das partes. O alumnado non asistente dende un principio poderá optar por unha avaliación única que constitúe o 100% da cualificacion, na 1ª e na 2ª edición de actas. Este tipo de alumnado será avaliado exclusivamente mediante un exame celebrado o último día de clase segundo o calendario escolar vixente (no caso da 1ª edición de actas)  que se especificará a comenzo de curso na plataforma faitic e na data estipulada oficialmente para os exames de xullo (no caso da 2ª edición de actas).

A data de celebración das probas de resposta curta e longa, así como das presentacións, será acordado co alumnado na 2ª semana de clase (unha vez que o grupo esté constituído  e consolidado). 

O plaxio total ou parcial en calquera traballo de preparación autónoma suporá un suspenso automático na materia. Alegar descoñecemento das implicacións do plaxio non eximirá ó alumnado da súa responsabilidade.

Calquera alumna/o de avaliación continua que, ó final de curso, non superase a avaliación continua (sexa por notas insuficientes ou por non cumprimento) terá dereito a un exame final na 2ª edición de actas (xullo) que constitúe o 100% da cualificación, exactamente nas mesmas condicións que o alumnado non asistente dende un principio. Ver Nota 1 e Nota 2. 

Estas condicións de avaliación aplicaranse de forma idéntica ó alumnado ERASMUS, ISEP ou outro alumnado de intercambio que curse a materia. En atención ás competencias de materia e de titulación sobre valores democráticos e igualdade (competencias 1 e A2), non existirá ningún tipo de "discriminación positiva" cara ó alumnado de intercambio, calquera que sexan as súas circunstancias académicas na súas universidades de orixe.

NOTA 1: En ningún caso se contemplarán vías de avaliación intermedias entre os dous sistemas de avaliación (continua/única).

NOTA 2: Comezado o curso e obtidas as primeiras cualificacións no sistema de avaliación continua (presentación oral e proba curta), enténdese que este alumnado asume e acepta dito sistema para a 1ª edición de actas. Caso de abandonar máis tarde o sistema de A.C. a/o alumna/o só poderá optar a ser cualificado na 2ª edición de actas (xullo).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000