Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Literatura e sociedade do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Presentacións/exposicións Presentación oral por parte do alumnado de traballos elaborados grupalmente sobre aspectos teóricos do programa que se determinarán baixo a supervisión da profesora. Cada persoa será avaliada pola súa contribución individual. 10 CB3
CB4
CB5
CE2
CE3
CE5
CE6
CE7
CE8
CE9
CE11
CT3
CT4
CT5
Resolución de problemas e/ou exercicios Participación activa nas clases e exercicios de comentario de texto que poden ser escritos ou orais. Para a avaliación deste aspecto consideraranse tanto as competencias relacionadas cos contidos teóricos coma as relacionadas coa construción de argumentos sólidos. 10 CB3
CB4
CB5
CE3
CE4
CE5
CE7
CE8
CE11
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realizaranse dous exames baseados nos contidos da materia, que combinarán preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise de textos. Celebraranse dentro do calendario de docencia, na hora e aula correspondentes á materia. 80 CB3
CB4
CE2
CE3
CE5
CE6
CE8
CE9
CE11
CT3
CT4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na primeira edición de actas a avaliación será continua. É obrigatorio realizar e expoñer no prazo establecido os traballos incluídos na avaliación (dous exames parciais escritos, que equivalen a un 40% da nota final cada un, e unha presentación oral, que aporta un 10% da nota final). Os traballos non realizados ou entregados fóra de prazo contarán coma un 0. Do mesmo xeito, os traballos que non cumpran os requisitos mínimos de corrección lingüística (tanto na forma oral coma na escrita) e conteñan erros gramaticais graves contarán coma un 0. 

O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo suporá un 0 nese traballo. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade.

Se algunha alumna/o non pode asistir regularmente por motivos xustificados e prefire realizar exclusivamente os exames, deberá comunicalo á profesora argumentadamente nas primeiras dúas semanas do curso. Nese caso, será avaliada/o exclusivamente mediante os exames fixados para a materia, cada un deles computará un 50% da cualificación final, e non se considerará o traballo realizado na aula. A escolla desta opción en ningún caso supón a perda do dereito a asistir ás aulas sempre que sexa posible, o cal se recomenda encarecidamente. Igualmente, o alumnado que non asista ás clases será responsable de manter un contacto continuado coa materia a través de Faitic e de presentarse aos exames nas datas establecidas. 

As datas precisas anunciaranse en Faitic e máis no Cronograma da materia ao inicio do cuadrimestre. De suspender a avaliación na primeira convocatoria deberá examinarse de toda a materia na segunda.

Na segunda edición das actas (xullo) a avaliación levarase a cabo mediante un exame único, baseado nos contidos da materia, que combinará preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise de textos e cuxa nota constituirá o 100% da cualificación final. A competencia lingüística e a correcta exposición argumentativa tamén serán avaliadas. Este exame terá lugar na data oficial de xullo establecida no calendario de exames oficial.

A AVALIACIÓN DO ALUMNADO ERASMUS E DE INTERCAMBIO SEGUIRÁ EXACTAMENTE O MESMO PROCEDEMENTO DO ALUMNADO REGULAR DA UVIGO, SEN EXCEPCIÓNS.

Recoméndase firmemente que o alumnado asista ás aulas e titorías con regularidade e se implique activamente no seu proceso de aprendizaxe.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000