Educational guide 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Lingua e sociedade do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Presentación ou exposición oral por parte do alumnado sobre temas relacionados cos contidos da materia e previamente acordados co profesorado. 25 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B4
B5
B6
B7
B9
B12
B13
C124
C125
C128
Resolución de problemas de forma autónoma Reaction Papers. Probas de resposta corta e carácter práctico a realizar en clase e/ou mediante a plataforma de teledocencia. A avaliación terá en conta a exposición argumentada e crítica, non se trata dun resumo. Cada proba individual ten un valor mínimo 20% e máximo 40%. 60 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
C124
C125
C126
C127
C128
C129
C130
C131
Seminario Participación activa, argumentada e crítica, nas sesións maxistrais e nas sesións prácticas de presentacións orais. 15 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B6
B7
B8
B10
B11
C125
C127
C130
C131
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CONSIDERACIÓNS XERAIS



Na primeira
edición de actas existen dous sistemas de avaliación: continua e única. A
modalidade por defecto será a avaliación continua, excepto expresa notificación
por parte da/o estudante da súa preferencia polo sistema de avaliación única. Tendo
en conta a relevancia do traballo regular semanal e o compromiso do traballo en
grupo, o alumnado que opte polo sistema de avaliación única debe comunicarllo ao
profesor/a antes de finais da segunda semana de clase como data límite.

Participar nun
dos sistemas de avaliación implica a imposibilidade de participar no outro. A
realización dunha ou varias probas parciais implica a aceptación do sistema de
avaliación continua por parte do alumnado; igualmente, a ausencia a unha ou
varias probas parciais implica o seguimento da materia por avaliación única.

O alumnado
avaliado mediante o sistema de avaliación continua non poderá presentarse ao
exame oficial de avaliación única na primeira edición de actas. A súa nota na
primeira edición de actas corresponderá ao cómputo das notas obtidas na(s)
proba(s) realizada(s). Tampouco se contempla o exame oficial de avaliación
única na primeira edición de actas como exame de recuperación para aprobar as
partes das destrezas suspensas na avaliación continua.

Os contidos
específicos de cada unidade temática así como as lecturas obrigatorias e
recomendas serán presentados a primeira semana de curso e serán publicadas na plataforma
de teledocencia.

PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

AVALIACIÓN CONTINUA



Para ser avaliado
polo sistema de avaliación continua, é imprescindible a participación da/o
estudante en todas as probas de avaliación que se vaian realizando ao longo do
cuadrimestre, así como a entrega das actividades nas datas sinaladas.

 -- Reaction Papers. Probas de
resposta corta e carácter práctico a realizar en horario de clase e/ou mediante
a plataforma de teledocencia; mínimo 2 e máximo 3 probas, distribuídas ao longo
do cuadrimestre. As probas abordarán diversos temas expostos nas leccións maxistrais
ou nas presentacións orais. A avaliación terá en conta a exposición argumentada
e crítica, non se trata dun resumo. O peso de cada proba non é necesariamente
equitativo (cada proba mínimo 20% - máximo 40%). É obrigatorio entregar todas as probas; a falta dunha entrega
resultará nun suspenso deste compoñente e, en consecuencia, un suspenso da
materia completa.



-- Presentación oral (25%). Presentación
oral en grupo a realizar en horario de clase sobre un tema relacionado cos
contidos da materia. A data e o tema serán acordados co profesorado da materia,
con data límite a finais da segunda semana de clase.

-- Seminario/Debate (15%). Participación activa, argumentada e
crítica, nas sesións maxistrais e nas sesións prácticas de presentacións orais.
Para poder avaliar este compoñente, é obrigatoria a asistencia a todas as
sesións prácticas de presentacións orais. A ausencia nunha ou varias sesións
resultará nun 0 nesta parte e, en consecuencia, un suspenso da materia completa.

As probas de
avaliación terán lugar en horario lectivo, agás acordo previo co profesorado da
materia. As datas concretas serán anunciadas en clase ao comezo do cuadrimestre
e con suficiente antelación para a súa preparación.

Para superar a
materia na súa totalidade será imprescindible acadar unha cualificación mínima
de 5 puntos como nota global (sobre 10), sendo 5 puntos a puntuación mínima
requirida en cada unha das probas parciais. É dicir: cómpre aprobar cada un dos
compoñentes de avaliación cun 5, e o suspenso nunha parte implica un suspenso global
na materia nesta edición de actas. As mesmas condicións aplícanse na segunda
edición de actas e independentemente do sistema de avaliación.

O alumnado que
suspenda a presentación ou o compoñente dos ‘reaction papers’ terá un suspenso
nesta primeira edición de actas e poderá recuperar a(s) parte(s) suspensa(s) na
segunda edición de actas. De non aprobar nesta segunda oportunidade, o alumnado
deberá examinarse da materia completa en cursos posteriores: non se gardarán
notas parciais dun curso para outro.

AVALIACIÓN ÚNICA



Este sistema de
avaliación consistirá dun exame global único
con varias preguntas de carácter longo con desenvolvemento argumentado (short
essay) sobre os contidos da materia. O exame ten un valor do 100% e a nota para
aprobar deber ser 5 ou superior; soamente
se pode deixar unha pregunta en branco.

De suspender
estar proba, a/o estudante poderá recuperar a materia completa na segunda
edición de actas. O exame terá lugar na data oficial aprobada en Xunta de
Facultade para a avaliación única no período de segunda edición de actas. De
non aprobar nesta segunda oportunidade, o alumnado deberá examinarse da materia
completa en cursos posteriores: non se gardarán notas parciais dun curso para
outro.

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS



O alumnado de
avaliación continua que teña unha ou dúas probas suspensas soamente terá que
recuperar a proba ou probas suspensas, coas mesmas condicións indicadas na
primeira edición de actas.

Para o alumnado
que na primeira convocatoria suspendese a materia completa ou suspendese a
proba de avaliación única, e o alumnado non presentado, a avaliación na segunda
edición de actas constará dun exame único global de varias preguntas de desenvolvemento
sobre os contidos da materia (short essay). Este exame terá un valor do 100% e
a nota para aprobar será de 5 ou superior; soamente se pode deixar unha
pregunta en branco.

O exame no
período de segunda edición de actas, en calquera modalidade, terá lugar na data
oficial aprobada en Xunta de Facultade. O alumnado que teña que recuperar a
presentación oral acordará a hora desta proba co profesorado da materia.

De non aprobar
nesta segunda oportunidade, o alumnado deberá examinarse da materia completa en
cursos posteriores: non se gardarán notas parciais dun curso para outro.

OBSERVACIÓNS



A avaliación terá
en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a
súa corrección lingüística e estilística. De non alcanzar o nivel gramatical
e/ou unha redacción coherente e estilisticamente apropiada nunha materia de
cuarto curso de grao, a proba pode resultar nun suspenso.

En caso de
calquera tipo de plaxio a cualificación final será de suspenso global, independentemente
das probas xa realizadas/aprobadas. Alegar descoñecemento do que supón un
plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

É
responsabilidade do alumnado consultar o correo electrónico con regularidade,
consultar os materiais e as novidades a través da plataforma de teledocencia, e
estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar. As datas
de avaliación única son anunciadas na web da FFT. As datas de avaliación
continua son anunciadas na clase con suficiente antelación, agás aquelas probas
de carácter espontáneo como poden ser os Reaction Papers. Non hai obriga de
comunicar as datas de avaliación mediante a plataforma de teledocencia.

Se por algunha
circunstancia derivada da COVID-19 os exames presenciais non puidesen
celebrarse, poderá considerarse a realización da proba ou probas de avaliación
afectadas mediante a plataforma de teledocencia e/ou por Campus Remoto.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000