PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS Habida conta da relevancia da asistencia e participación no caso da avaliación continua, que é o tipo de avaliación que se empregará por defecto para esta materia, é aconsellable que todo o alumnado asista á clase con regularidade desde o comezo do curso. Na segunda sesión do curso estipulárase o traballo a realizar para a sección de traballos e proxectos individuais e en grupo e distribuirase e pautarase o cronograma de traballo a cubrir. Para a avaliación continua computarán os seguintes parámetros obrigatorios (entre parénteses figuran as porcentaxes equivalentes da cualificación final): (1) Participación activa e lecturas previas nas sesións maxistrais e seminarios (20%). (2) Probas curtas a realizar na clase ou na casa sobre un tema que se está a debater (reaction papers) (20%). (3) Presentación oral en horario de clase e Dossier (breve traballo escrito) dun estudo sobre un tema relacionado cos contidos da materia. A data exacta será asignada ao comezo do curso (40%). (4) Exercicio escrito final de carácter experimental (20%): Aplicación práctica de contidos teóricos explicados ao longo do cuadrimestre. Deberá entregarse antes do 21 de abril para a súa corrección por parte da profesora e para debater na derradeira semana de clase. O alumnado cuxa media numérica de probas de avaliación continua na primeira edición de actas (maio) sexa suspenso poderá concorrer á proba oficial (un exame único global da materia que supoñerá o 100% da cualificación final) da segunda edición de actas en xullo segundo marque o calendario oficial aprobado a tal efecto pola Xunta de Facultade e publicado oficialmente nos canles habituais . O alumnado que non poida realizar as probas de avaliación continua terá que notificarllo argumentadamente á profesora a principio de curso. Este alumnado fará unha proba escrita na data oficial aprobada en Xunta de Facultade para a avaliación única no mes de maio, que contará o 100% da nota. De suspender esta proba, poderá concorrer á proba oficial (un exame único global da materia que supoñerá o 100% da cualificación final) da segunda edición de actas en xullo segundo marque o calendario oficial aprobado a tal efecto pola Xunta de Facultade e publicado oficialmente nos canles habituais . SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO)
Constará dun exame único global da materia que supoñerá o 100% da cualificación final. A data será a data establecida no período oficial de exames en xullo aprobado en Xunta de Facultade. ACLARACIÓNS: Todas as datas das probas de avaliación continua (á excepción da do exame oficial de xullo) serán establecidas unha vez que sexan acordadas co alumnado na primeira semana de curso e serán publicadas nun cronograma que se publicará en FAITIC nesa mesma semana. En caso de calquera tipo de plaxio a cualificación final será de suspenso. Alegar
descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa
responsabilidade neste aspecto. A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística. É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma FAITIC e de estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar. |