Educational guide 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Lingua e sociedade do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sesión maxistral Participación nas sesións maxistrais sobre contidos relacionados coas lecturas previas e o seu coñecemento da lingua e da sociedade. 10 B4
C1
C4
Resolución de problemas e/ou exercicios Participación nas clases prácticas na resolución de problemas teóricos, empíricos ou prácticos. 10 A3
C4
D2
D5
Traballos e proxectos Presentación oral dun traballo sobre un tema asignado a principio de curso (40%). Breve traballo escrito que recolla de modo coherente y estruturado os contidos da presentación oral (20%). 60 A5
B4
C1
D2
D5
Probas de resposta curta Proba escrita realizada ó final do curso que terá como obxectivo a aplicación práctica de contidos teóricos explicados ao longo do cuatrimestre. 20 A5
C4
C13
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Habida conta da relevancia da asistencia e participación no caso da avaliación continúa, que é o tipo de avaliación que se empregará por defecto para esta materia, é fundamental que todo o alumnado asista á clase con regularidade desde o comenzo do curso. Na segunda sesión do curso estipulárase o traballo a realizar para a sección de traballos e proxectos individuais e en grupo e distribuirase e pautarase o cronograma de traballo a cubrir. 

Para a avaliación continua computarán os seguintes parámetros obligatorios (entre paréntesis figuran as porcentaxes equivalentes da cualificación final):

(1) Participación activa e lecturas previas nas sesións maxistrais (10%) e seminarios (10%).

(2) Presentación Oral 40% e Dossier (breve traballo escrito) 20% dun estudo sobre un tema relacionado cos contidos da materia, que será asignado ao comezo do curso.

(3) Exercicio escrito final de carácter experimental (20%): Aplicación práctica de contidos teóricos explicados ao longo do cuatrimestre.

O alumnado cuxa media numérica de probas  de avaliación continua na primeira edición de actas (maio) sexa suspenso poderá concorrer á proba oficial (un exame único global da materia que supoñerá o 100% da cualificación final) da convocatoria de xullo segundo marque o calendario oficial aprobado a tal efecto pola Xunta de Facultade e publicado oficialmente nos cauces habituais . A data é inamovible e non está sometida a modificacións de ningún tipo. O alumnado Alleo/Erasmus deberá someterse ás mesmas normativas en materia de  exames en convocatoria oficial que rexen para o alumnado da UVigo.

O alumnado que non asista ás sesión de organización da materia segundo a avaliación continúa durante a primeira semana do comezo do curso poderá asistir á clase pero  será avaliado na primeira edición de actas (maio) cunha proba final escrita e global que supoñerá o 100% da cualificación final. No caso de non superar a proba final escrita e global este alumnado poderá concorrer á proba na convocatoria de xullo segundo marque o calendario oficial aprobado a tal efecto pola Xunta de Facultade e publicado oficialmente nos cauces habituais. Non se aplicará modificación algunha sobre esta data. O alumnado Alleo/Erasmus deberá someterse ás mesmas normativas en materia de  exames en convocatoria oficial que rexen para o alumnado da UVigo.

Aclaración:

Todas as datas das probas de avaliación continúa (á excepción da do exame oficial de xullo) serán establecidas unha vez que sexan acordadas co alumnado na primeira semana de curso e serán publicadas nun cronograma que se publicará en FAITIC nesa mesma semana.  

 En caso de calquera tipo de plaxio a cualificación final será de suspenso. Alegar
descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa
responsabilidade neste aspecto.

A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma FAITIC e de estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000