Educational guide 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Lingua e sociedade do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Participación nas sesións maxistrais sobre contidos relacionados coas lecturas previas e o seu coñecemento da lingua e da sociedade. 10
Resolución de problemas e/ou exercicios Participación nas clases prácticas na resolución de problemas teóricos, empíricos ou prácticos. 20
Traballos e proxectos Presentación oral dun traballo sobre un tema asignado a principio de curso (40%). Breve traballo escrito que recolla de modo coherente y estruturado os contidos da presentación oral (20%). 60
Probas de resposta curta Proba escrita realizada ó final do curso baseada en preguntas curtas. Esta proba ten como finalidade a avaliación das competencias adquiridas. O alumnado debe respostar en base aos coñecementos
que ten sobre a materia.
10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación será continua.

A condición será a asistencia a un 80% das sesión presenciales (sesións maxistrais e sesións prácticas de resolución de exercicios). Se algún alumno/a non pode cumprir esta condición deberá comunicarllo ao profesorado durante a primeira semana do comezo do curso. Este alumnado deberá realizar na primeira edición de actas (maio) unha proba final escritura que supoñerá o 100% da cualificación final. Recoméndase encarecidamente ao alumnado asistir a cantas sesións presenciales poida ata que non alcance o 80% requirido. Para a avaliación continua computarán os seguintes parámetros obligatorios (entre paréntesis figuran as porcentaxes equivalentes da cualificación final):

(1) Participación activa e lecturas previas, de ser o caso, nas sesións magistrales (10%) e seminarios (20%).

(2) Presentación Oral 40% e Dossier (breve traballo escrito) 20% dun estudo sobre un tema relacionado cos contidos da materia, que será asignado ao comezo do curso.

(3) Exercicio escrito final de carácter experimental (10%): Aplicación práctica de contidos teóricos explicados ao longo do cuatrimestre.

O alumnado que non supere a avaliación continua na primeira edición de actas (maio) deberá presentarse a unha proba escritura única en xullo.

Aclaración: En caso de calquera tipo de plaxio a cualificación final será de suspenso

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000